Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2016

SÁBADO 30 de ABRIL do 2016

No programa de hoxe comezamos escoitando unha peza tradicional galega para conectarmos directamente con LAURA SANTOS , que nesta ocasión fainos de correspondente den Santa coloma de Gramanet, para falarnos da "XXXIII Festa Galega de Airiños da Nosa Galicia" que celebran esta fin de semana. Agradecémosllelo e desexámoslles moitos éxitos.   A segunda comunicación é con don XOSÉ TERCEIRO , Presidente do Centro Galego de Lleida , que nos pon ao corrente das celebracións que teñen previsto realizar a vindeira fin de semana en Lleida, destacando a actuación que terán os de AGARIMOS , de Badalona o día 7 de maio na capital lleidatana.   Na segunda hora, como sempre, conectamos con Galicia para falarmos co noso correspondente nas Rísa Baixas, concretamente en Combarro, XULIO SIMÓN RÚA , que nos fala das diferentes novidades interesantes que sempre nos ten preparadas para tódolos nosos oíntes e seguidores.  Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora, de 18 a 20hora

SÁBADO 23 de ABRIL do 2016

Comezamos o programa ofrecéndolles unha novidade musical que nos chegou dende Galicia e poñémonos en contacto con don JOSÉ BADÁS FERNÁNDEZ , da Revista LETHES e XOSÉ LAMELA fainos de contertulio presentador deste grande personaxe da Cultura Galega na LIMIA. Agradecémoslle a ámbolos dous a súa amable participación e descrición do traballo que están levando a cabo.   Despois comentamos un chisco algunhas novidades musicais que nos cehgaron para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores. Na segunda hora conectamos con don XOSÉ CANOSA , Presidente da "A.C.G.Airiños da Nosa Galicia" en Santa Coloma de Gramenet, que nos informa das actividades previstas realizar para celebrar o "33 Aniversario" desta entidade, que comezan este domingo cun "Festival Solidario" para recoller alimentos e finalizará coa Gran Festa Galega no Parc Europa de Santa Coloma, os día 29, 30 de abril e 1 de maio próximos.   Tamén chamamos a don ANTONIO RODRÍGUEZ , Presiden

16 de ABRIL do 2016 - 30 ANOS de SEMPRENGALICIA

Hoxe, 16 de ABRIL, cúmplense exactamente 30 ANOS de existencia deste programa en galego de Radio Cornellà. ¡Felicitacións a tódolos que fixeron posible que esto continúe así! Comeza o programa coa asistencia, nos estudos, de LAURA SANTOS, ARMANDO FERNÁNDEZ, OLIVER FERNÁNDEZ (Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro), MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN (socio Fundador desta nosa emisión radiofónica e primeiro director da mesma), INÉS e PAU; nos controis técnicos KIKO. Unha charla distendida comentando cousas relacionadas coa celebración e coa Asociación C.G.Rosalía de Castro , e proposta de audición dunha peza musical galega. Entra nos estudos ALFONSO RICO, o anterior Presidente da Entidade e aproveitan para chamar a XOSÉ LAMELA , o anterior Director deste programa e actualmente correspondente do mesmo dende a Baixa Limia. A segunda hora comeza conectando coas Rías Baixas, concretamente Comabarro, onde se atopa XULIO SIMÓN , colaborador desta nosa radio dende os comezos, que ten preparada

9 de ABRIL do 2016

No programa de hoxe xa temos o equipo cáseque ao completo: LAURA SANTOS, ARMANDO FERNÁNDEZ e un servidor. Comezamos escoitando unha peza de música galega e deseguida facemos a primeira comunicación conectando con don CARLOS ALONSO , do Centro Galego de LLEIDA, que nos fala das pesqueiras de lampreas en ARBO e daquela zona. Despois aproveitamos a chamada e falamos con don XOSÉ TERCEIRO , Presidente do Centro Galego de Lleida , que nos pon ao corrente das novidades e actividades que veñen desenrolando e convídanos a que vaiamos a disfrutar delas. Agradecémosllelo e despedímolos con otra peza de música.  A segunda Entrevista é con LYDIA BOTANA - a de Aquí para alá- , unha cantautora que nos engaiola coa súa conversa e virá a Barcelona para participar no Sant Jordi para nenos a vindeira semana. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos visitala e saudala en persoa, cando chegue aquí.   Na segunda hora, coma sempre, falamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO

2 ABRIL do 2016

Unha nova emisión de radio en galego para tódolos nosos oíntes e seguidores, que nesta ocasión coordina  ARMANDO FERNANDEZ , xa que o resto do equipo atópase en diferentes actos e compromisos que lles impiden poder acompañalo. A primeira comunicación é con PABLO CASAL , do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns) para falar de algunhas das actividades e acontecementos que teñen lugar naquelas terras de Gondomar e arredores, a visita ao Aqua-Museo, Xogando Miudiño... ... e moitas cousas máis.   Agora Armando toma os mandos e fai un pequeno percorrido turístico falando das posibles visitas por TERRA CHHA e arredores, tentando amosarlles as posibilidades de visita interesantes que se poden facer por aquela zona galega de grande interese.   A segunda comunicación é co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN , que nesta ocasión ten coma convidado a GUSTAVO REY , do Bar "O Encontro" , en Barrantes , gañador do Campionato Galego de "tirador de Cañas de cervexa&quo