Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

SÁBADO 26 de XUÑO do 2021

Último programa de "Semprengalicia" con este formato de "estudios virtuais", mediante o que puidemos levar adiante as nosas comunicacións, intervencións, entrevistas e música para tódolos nosos oíntes e seguidores. Despois de escoitar a sintonía do programa e darlle a ben-vida aos nosos contertulios, Armando Fernández , Henrique Fernández-Mon Sánchez e J uan Pedro Sánchez , poñemos un bocadiño de música para recibir a primeira convidada desta tarde: dona Mercedes Vázquez Saavedra . Escritora, Fotógrafa e grande coñecedora da nosa Cultura Galega. Recibímola felicitándoa e dándolle os nosos parabens, por estar elixida para ser nomeada Arraiana Maior do 2021 . Celebramos este recoñecemento como unha raiana e arraiana de pro, e así lle-lo manifestamos. Infórmanos da súa presencia os días 7 e 8 de agosto en Entrimo, onde se celebrarán esas xornadas arraianas, e tamén aproveitará para ofrecer unha das súas exposicións fotográficas fermosas, adicadas concretamente ás mul

SÁBADO 19 de XUÑO do 2021

Comezamos o programa escoitando a nosa sintonía de sempre e dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores. A continuación ofrecémoslles escoitar unha peza que nos lembra as terras do Bierzo, porque falamos con Alfonso Miguel Martín de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) e tamén con don Luís Cuervo , avogado e grande berciano que ven de ser elixido polos bercianos de Cataluña como merecente do "Arlequín anual" da Fegalcat. Premio que se lle entregará en Galicia, concretamente o día 10 de Agosto en Lalín, xunto con outros homenaxeados. ¡Parabens, Luís! e moitas grazas a Alfonso e á Xunta Directiva de ASOBECAT , que nos ten sempre moi ben informados das súas actuacións e actividades. A seguinte conexión é con Henrique Fernández-Mon Sánchez , e con Oliver Fernández , o noso Presidente da A.C.G.Rosalía de Cast ro , cos que mantemos unha conversa distendida. Tamén se une á conversa o Presidente de ASOBECAT, Juan Pedro Sánchez . Infórmanos da próxima gravac

SÁBADO 12 de XUÑO do 2021

Comezamos o programa coa escoita da nosa sintonía e dándolle a benvida aos nosos oíntes e seguidores. Saudamos ao noso técnico Kiko Belinchón e ao compañeiro Armando. Nos "estudos virtuais" temos xa á primeria convidada Inma López Silva . Saudámola e felicitámola porque ven de recibir o Premio da Asociación de Críticos Literarios, polo seu libro "O libro da filla": PREMIO DA CRÍTICA 2020 . Agradecémoslle a súa participación de hoxe e aproveitamos para que nos axude a coñecer esa súa faceta creativa pola que acadou ese Premio. Desexámoslle moitos éxitos e voltaremos a comunicaarnos con ela para seguir a súa traxectoria. A continuación falamos con Xurxo Martínez , que ven de publicar un libro na Edicións Xerais, que leva por título: "Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde" . Felicitámolo e pedímoslle que nos debulle un chisco ese traballo tan interesante. Ao parecer, segundo nos informa, contou coa colaboración de David Rodríguez Rodríguez para as ilustra

SÁBADo 5 de XUÑO do 2021

  Outro programa máis con todos vosoutros. Hoxe foi unha emisión especial, xa que tivemos que asistir ao "Festival da A.C.G.Rosalía de Castro-Aniversario 40+1" no Colexio La Miranda de Cornellà. A primeira conexión foi precisamente co noso Presidente Óliver Fernández , que nos deu a coñecer os promenores desta Festa tan sinalada cada ano na cidade de Cornellà, coincidindo coa Festividade do Corpus, "Festa Major". Felicitámolo polo esforzo e o traballo que esto representa, e desexámoslles moitos éxitos. A segunda intervención é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón , que sempre ten unha crónica Cultural moi interesante. Nesta ocasión fálanos dos Afiadores e aproveita para aportarnos unhas lecturas moi axeitadas relacionadas con este ancestral oficio. Despois conectamos con Galicia, para darlle a ben-vinda ao poeta e escritor Manuel López Rodríguez , que ven de recibir o seu poemario "Nas Pulsacións" recentemente