Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2014

Sábado 15 de marzo do 2014

Outro programiña máis con vosoutros tentando ofrecervos agradables estas dúas horiñas de radio en galego. Hoxe non teremos a asidua conexión semanal coa Baixa Limia, porque o noso correspondente Xosé Lamela non está accesible... Posiblemente a vindeira semana xa o teremos en antena, con algún convidado especial.  Comezamos coa proposta de escoitar un bocadiño de música do Grupo BERROGÜETTO , para lembrar a Xira de despedida que están preparando. Tentaremos poñernos en contacto con algún dos seus compoñentes para que nos expliquen algo sobre esa decisión tan drástica.   Aproveitamos a ocasión para falarmos da celebración do Día da dona na A.C.G. Rosalía de Castro , coa impartición dunha Conferencia a cargo do Presidente da Fundación Rosalía de Castro en Padrón, don ANXO ANGUEIRA .   Na segunda hora comunicámonos co noso correspondente XULIO SIMÓN , en Combarro, que nos ofrece unha serie de informacións cheas de moito contido cultural e literario.   Antes de finalizar o prog

sábado 08 de marzo do 2014

Unha semana máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programiña en língua galega, con todo o equipo ao completo: Nos controis técnicos MARC Fort, e nas locucións e conversas LAURA Santos, Armando Fernández e X. Couxil. Comezamos, coma sempre, escoitando un chisco de música para recibirmos a comunicación con AMELIA Fernández , membro do Consell de la Dona en Cornellà , e Directora do Grupo de Teatro "Anduriña" da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos informa duna motea de ACTIVIDADES que se están a realizar con motivo do día Internacional da Muller Traballadora, e que verá como Conferencia Estrela a intervención de don ANXO ANGUEIRA , na nosa Entidade o vindeiro sábado día 15 de marzo, e adiántanos que habrá alguna sorpresa moi "suculenta".   Despois falamos con JUAN, Presidente da A.C.G.AGARIMOS , de Badalona, que veñen de recibir o 1º Premio de Comparsas do desfile de Entroido na súa localidade, e aproveita para convidarnos á "FEIRA do POLBO"

Programa do día 01 de MARZO do 2014

Despois de darlle a ben-vida a tódolos seguidores e oíntes, comeza esta emisión dirixindo ARMANDO FERNÁNDEZ . Tiven que desprazarme a Galicia e ese é o motivo da miña ausencia. De tódolos xeitos o programa levámolo adiante... Comezan as comunicacións e deseguida conecta con ANA de LEILÍA , e comentamos con ela a próxima actuación que terán en ARZÚA, con motivo da 39 FEIRA-FESTA do QUEIXO  desa localidade. Agradecémoslle a súa desinteresada aportación. A seguinte conversa-entrevista é con don XOSÉ LUÍS GARCÍA , Alcalde de ARZÚA , que nos dedica uns minutiños para poñernos ao día desa grande celebración que teñen na súa localidade, esta fin de semana, con exposicións, mostras, degustacións, música e moitas cousas máis. Agradecémoslle a súa disponibilidade e atención para con nosoutros e despedímolo desexándolles moitos éxitos na 39 edición desa Festa-Feira do Queixo. A ultima intervención, conversa ou entrevista é con XOAN LUNA , componente de A PINTEGA MARELA , en Madrid, que