Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

23 de MAIO do 2015

Comeza o programa conectando con XOSÉ LAMELA , na Baixa Limia, que como correspondente da nosa emisión ten unha participación moi intensa e chea de informacións interesantes.   A segunda conexión é con MARÍA XESÚS LAMA , Profesora da Universidade de Barcelona, que se atopa na A.C.G.SAUDADE , para impartir a Conferencia central das Letras Galegas desa Entidade.   A continuación conversamos con JUAN , Presidente dea A.C.G.AGARIMOS , de Badalona que nos adianta o programa da FESTA GALEGA que se realizarán o vindeiro mes de XUÑO. Agradecémoslle a súa participación.   Aproveitamos a ocasión para falar con MANUEL RODRÍGUEZ JULIAN, membro da Xunta Directiva da Aso.C.G.Rosalía de Castro, que nos informa, polo miúdo, dos actos a celebrar próximamente con motivo da Festa Galega en CAN MERCADER, que como cada ano coincide coa FESTA MAJOR de Cornellà.   Finalizamos con música para despedirnos.    A vindeira semana máis.

16 de MAIO do 2015

Unha semana máis con todos vosoutros. O equipo de sempre: Marc Fort, nos controis técnicos e nas locucións LAURA Santos, ARMANDO Fernández e un servidor. Acompáñanos, outro sábado máis, o noso amigo MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN. Disculpamos a non intervención do noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, por mor de certas obrigas personais. Comenzamos escoitando unha peza de música do Grupo RIOBOOO, para darlle a ben-vinda a CARMEN ALVAREZ ALVAREZ , candidata á Alcaldía de Folgoso de O Caurel , con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de informacións e interesantes propostas para esa zona da montaña luguesa.   A segunda chamada é para falarmos con KIKE de VIDA L, un dos colaboradores que noutras ocasións sempre nos ten comentado cousas moi interesantes de Galicia, e co que aproveitamos para facer un repaso interesante sobre aspectos relacionados con Navia de Suarna e toda a comarca.   En terceiro lugar falamos con XOSÉ DAS PATAS , que se encarga da páxina http://musica

Sábado 9 de MAIO do 2015

Este sábado xa temos nos estudios á nosa querida LAURA SANTOS, a voz femenina que completa o noso equipo de hoxe: Kiko nos controis técnicos e nas locucións ARMANDO FERNÁNDEZ e un servidor. Presentamos ao contertulio que nos acompaña na emisora: MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN , que ademáis de representar á Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, tamén foi o 1º Director deste noso programa de Radio "Semprengalicia". Agradecémoslle a súa amable presencia.   A primeira chamada é para conectarnos con XOSE LAMELA , o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao seu contertulio convidado: FRANCISCO VELOSO , con que mantemos unha conversa moi amena e esclarecedora das súas pretensións políticas para LOBIOS .   Falamos un chisco con MANUEL R.JULIÁN, que nos pon ao corrente das diferentes actividades e moitas propostas que ten previsto realizar a A.C.G.ROSALÍA DE CASTRO , para as vindeiras datas, moi particularmente as Festas de CAN MERCADER, os días 5,6 e 7 de

Programa do día 2 de MAIO do 2015

Aínda que cun pouco de retraso, por mor de certas obrigas persoais e outros detalles que non veñen ao conto, hoxe actualizamos o noso blog e poñemos á vosa disposición o programa dese sábado primeiro do mes de maio. Nesta ocasión temos a conexión con Galicia é para falarmos co noso colaborador XOSÉ MARÍA EGUILETA , que da man do noso contertulio XOSE LAMELA - que por certo hoxe se despide, xa que este será o último programa que fará en directo dende a emisora, xa que se despraza a Galicia dende mañá mesmo- tanto nos ten axudado para coñecer moitas cousas interesantísimas de Galicia e moi concretamente de Ourense.   A segunda intervención é para falarmos con outro ARQUEÓLOGO, DAVID , que ven de publicar un libro de HISTORIA de GALICIA , ilustrado por unha catalana JUDITH, con quen tamén aproveitamos para falarmos un chisco sobre o libro e outras cousas interesantes.   Conectamos coa nosa colaboradora LAURA SANTOS , que dende Santa Coloma de Gramanet, nos fai unha crónica moi es

25 de BRIL do2015

Neste día conmemorativo da " revolução dos cravos " teremos dúas horiñas de emisión, con entrevistas, conversas e música galega. Non podo estar presente nos estudios, por certas obrigas persoais, pero seguro que desfrutaredes coas propostas que levarán adiante os guieiros de hoxe: XOSÉ LAMELA e mais ARMANDO FERNÁNDEZ, acompañados coma sempre polo noso técnico MARC FORT.  A primeira comunicación é con OSCAR RODRÍGUEZ BLANCO , Presidente do COXGA - Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia, que ten moitas e interesantes noticias que comentarnos.  A segunda conversa-entrevista é con don XOSÉ LOIS VILAR , ARQUEÓLOGO, un grande investigador, escritor e froiteiro (como quere que o describan, posto que o seu oficio é ese) moi interesante, con quen temos falado xa nalgunhas ocasións e sempre nos ilustra, pero que neste caso a súa participación é motivada polo seu traballo relacionado co Instituto  de Estudios MINHORANOS . Agradecémoslle a súa amable participación e en vindeiras