Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

SÁBADO 25 de FEBREIRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros. Dúas horiñas de Radio en Galego, que comeza coa nosa sintonía de sempre e as salutacións oportunas. Ofrecémoslle un bocadiño de música de ben-vinda e a continuación conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que nos fai partícipes da súa crónica semanal escollendo algunhas noticias interesantes que se atopan recollidas na páxina quepasanacosta.gal . Agradecémoslle a súa aportación no día de hoxe. Poñémonos en contacto con AMPARO CENTENO , que forma parte do Consell Municipal das Donas de Cornellà e unha socia moi implicada na A.C.G."Rosalía de Castro". Participa moi activamente nas actividades  da Asociación de donas e tamén axuda na coordinación dalgunhas actividades na nosa Entidade. Danos cumprida información das moitas actividades que teñen previstas no Concello para celebrar o día das "donaas traballadoras", que comezarán o día 28 deste mes de febrreiro e finalizarán o 25 de marzo. Destaca a &q

SÁBADO 18 de FEBREIRO do 2023

Voltamos a informarlles de que o noso programa reemítese en Radio Roncudo e Radio Neria os Domingos pola mañá, e en RADIOFUSIÓN os luns ás 15h. "Radio Cornellá en Galicia". Alfonso e Juan Pedro O programa de hoxe comezámolo, coma sempre coa nos sintonía, dándolles a benvida e despois de escoitar un bocadiño de música conectamos on JUAN PEDRO SÁNCHEZ , Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña, para comentar con el a celebración do XIX Festival del Borillo-2023 no Hotel Front Air de Sant Boi. Concretamente será a celebración o vindeiro domingo día 26, un xantar excepcional con ese producto típico do Bierzo, acompañados dos Homenaxeados "Bercianos Ilustres" diste ano: don Victor García Alonso (do Mesón del Bierzo) e dona María Luisa Picado, xunto co Concello de Vega de Espinaredo. Os viños serán de Adegas Gancedo, do Bierzo, e os botillos de Embutidos Santa Cruz de Montes. Mención especial a Vallelongo, colaborador berciano. Desexamos que teñan moitos éxi

SÁBADO 11 de FEBREIRO Do 2023

Queremos lembrarlle aos nosos oíntes e seguidores que este programa reemítese en Galicia, os domigos por Radio Roncud o e os luns por Radio Fusión . Outro programiña máis con todos vosoutros. Comezamos escoitando un bocadiño de música e poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que nos fai a súa crónica semanal cun resumo de noticias escollidas. Os que desexen ampliar estas informacións poden facelo consultando a páxina quepasanacosta.gal . Despois de escoitar outro bocadiño de música poñemonos en contacto con dona MERCEDES VÁZQUEZ SAAVEDRA , unha fotógrafa de grande prestixio e grande coñecedora das Máscaras e Entroidos de Galicia e Portugal. Concédnos uns minutiños para informarnos precisamente da visita recente ao pobo de Bemposta-Mogadouro, na raia Portuguesa, que tivo a celebración dun desfile de Máscaras moi interesante. Agradecémoslle a súa amable atención. Seguidamente poñémonos en contacto con PABLO GARCÍA - CHICHAS , locutor e comunicado

SÁBADO 4 de FEBREIRO do 2023

Noticia de importancia para tódolos nosos oíntes e seguidores: este programa reemitirase a partir da semana próxima, tódolos luns ás 15 horas en RADIOFUSIÓN - GALICIA. Unha emisión máis deste noso programa de dúas horas en galego: "Semprenglaicia". Despois da sintonía e das salutacións oportunas, escoitamos un bocadiño de música e conectamos co noso correspondetne na Costa da Morte: OSCAR REY , que ten preparada a súa crónica semanal resumida. Podedes ampliar estas informacións e novidades  na páxina que sempre recomendamos: quepasanacosta.gal , onde se recollen as noticias máis precisas relacionadas coa Costa da Morte. A continuación conectamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ , Presidente de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) que están a presentar o "XIX Festival del Botillo 2023". Unha rolda de prensa á que asisten socios, amigos e simpatizantes desta emblemática Asociación, que están a celebrar no Hotel Front Air, de Sant Boi. Precisamente neste lugar será o