Xulia Feixoo Último programa do ano 2021. Comezamos dándolles a ben-vinda e ofrecéndolles escoitar unha peza de música para recibir á primeira convidada: Xulia Feixoo : Etnomusicóloga, percusionista, Licenciada en Historia do Arte, Profesora de Ensino Secundaria e autora do libro: "Concha do Canizo... este pandeiro que toco". Agradecémoslle a súa atención e imos aprendendo algo máis dese traballo que nos descubre agarimosamente. Ven acompañado, ese libriño editado por Central Folque, por un CD con nada menos que 46 pezas musicais, recopiladas. Grande traballo. Desexámoslle unhas Felices Festas e que teña moitos éxitos. A segunda conversa é coa nosa correspondente Fernanda Follana Neira , que hoxe non pode darnos as súas noticias de cada fin de semana, porque está viaxando para unha celebración en Pontevedra. Aprovietamos para felicitarnos mutuamente estas datas Navideñas e desexarlle un ventureiro aninovo 2022, ademais de agradecerlle a súa aportación de corresponsalía dende
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas