Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2012

Programa do 25 de FEBREIRO do 2012

Sábado 25 de febreiro do 2012 Comezamos este sábado coa intervención no noso programa de ANTONIO DÍAZ Vicepresidente da "Asociación Cultural Galega ROSALIA de CASTRO", e Director da revista Lúa Nova , posto que acaba de entregarse o nº 52 da revista que cumple nada menos que 25 anos de existencia. Infórmanos dunha serie de actos importantes para tódolos socios e simpatizantes da Entidade. A segunda intervención provén de Galicia, como cada fin de semana, e poñémonos en contacto con Xosé Lamela , que nos presenta a don José Antonio Amoeiro , que foi Director do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés . Unha conversa interesante. Na segunda hora contactamos coas Rías Baixas, onde se atopa o noso amigo e colaborador Xulio Simón, que nos fai unha crónica escollida dalgunhas das cousas interesantes da nosa cultura. E antes de rematar conectamos coas Rías Altas, onde se atopa o noso "poeta da Mariña Lucense: Paco Rivas" que nos deleita coa declamación dalgunhas das

Emisión do 18 de FEBREIRO 2012

Sábado 18 de febreiro. Comeza este programa o noso colaborador ARMANDO FERNÁNDEZ , dándolle a ben-vida a unha das súas comunicantes de " A Fonsagrada " , para que darlle información da Feira do Butelo que se celebrou esa fin de semana nesa localidade lucense. A seguir conexión con Galicia para falar co ex-Sub.delegado do Goberno en Ourense, don Camilo Ocampo e con Xosé Lamela .  Na segunda hora falamos con HELENA VILLAR JANEIRO , a Presidenta da Fundación Rosalía de Castro , que nos pon ao corrente das actuacións previstas para celebrar o "175 Aniversario" do nacemento de Rosalía de Castro. Tamén intervén Xulio Couxil. Rematamos o programa informando dalgunhas cousas interesantes e escoitamos algo de música galega. Voltaremos a vindeira semana coa mesma teima, se pode ser, mellor. 

11 de FEBREIRO 2012

Programa do sábado 11 de febreiro do 2012 N esta fin de semana non poderemos contar con algunhas das nosas habituais colaboracións de cada emisión, pero contamos con poder ofrecerlles una programa entretido e ameno. A primeira parte dedicarémola a poñer no seu coñecemento algunhas noticias chegadas á nosa Redacción e centrarémonos nun pequeno apartado dedicado aos "Cantares de Cego". Despois seguimos coas informacións diversas que nos chegan dende Galicia e que imos "adubiando" cun bocadiño de música escollida, para que poidamos manter unha mellor atención e procurar que sexa máis ameno o noso programa. > Na segunda hora comunicámonos con Galicia, con XOSÉ LAMELA  e mais con don XOSE LUIS RAPELA, arquitecto. Falamos do accidente de camión que se empotrou (xa vai un mes) no comedor dunha casa en Barbadás, e dos traballos previstos realizar para poñer solución a ese problema. Tamén aproveitamos para solicitarlle a súa impresión sobre temas relacionados coas Re

4 de febreiro do 2012

Programa do sábado 4 de FEBRERIRO Encetamos o programa dándolle a ben-vida a Armando Ferdez. e adiantándolles o que propoñemos para estas dúas horiñas de radio: Falaremos con Xosé Lamela e con Agustín de PLABALI, conectaremos con NAVIA de SUARNA, para falar co seu Alcalde, falaremos con Xulio Simón, como cada semana, achegarémonos ao Concello de A Fonsagrada, para falarmos co seu Alcalde e tamén buscaremos un bocadiño de tempo para conectar coa nosa Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro"... E tentaremos escoitar algunhas pezas da nosa música galega, para facer un pouquiño máis entretido todo o condumio que temos preparado. A primeira comunicación é, como lles anunciabamos, con Xosé Lamela que nos presenta a don Agustín , portavoz da Plataforma Baixa Limia. A seguir conectamos novamente con Galicia e poñémonos en contacto con don José Ferdez.Ferdez. , Sr. Alcalde de Navia de Suarna , que nos fala da "Festa da Androlla", e das moitas posibilidades turís