Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

SÁBADO 25 de NOVEMBRO do 2023

Outro programa máis, de dúas horas en galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións escoitamos un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos fai un resumo das noticias máis salientables daquela contorna, extraidas da páxina quepasanacosta.gal , na que poden ampliar a información que nos adianta semanalmente. Agradecémoslle a súa aportación e desexamos que teña unha feliz semana. Escoitamos o comezo dunha peza interpretada co piano, de ALBERTO VILAS , precisamente con el mesmo conectamos. É Profesor de música no Conservatorio de Pontevedra e xa ten recibido varios premios, concretamente o Martín Codax. Parabenizámolo porque, como el mesmo nos anuncia, en quince días publicarase un CD que leva por título: "Once cancións e unha danza" . Unha obra moi especial que conten moitas e interesantes interpretacións populares, moi especialmente a "Danza das espadas", unha peza moi antiga e tradic

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 11 de NOVEMBRO DO 2023

Outro programa máis para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e as salutacións oportunas. Ofrecémoslles unha peza de música da cantautora ROCÍO CAAMAÑO , nada en Cee, para despois conectar con ela e aproveitar para felicitala pola súa traxectoria creativa. Estivo actuando no verán, concretamente no mes de Agosto en San Feliú de Guixols, xunto con outros músicos de sona internacional, como Rozalén e outros. Conversamos un bocadiño con ela, denantes de actuar en Torrelodones. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a conectar con ela para que nos siga informando das súas intervencións e concertos, ademais somos primicia, xa que nos adiante que pronto sairá ao prelo un novo single. Desexamos que teña moita sorte e moitos éxitos. A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que nos ofrece a súa crónica semanal coas informacións e noticias que escolle moi particularmente para tódolos nosos oín

SÁBADO 4 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutros, para ofrecervos dúas horiñas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións e a proposta de escoitar un bocadiño de música, conectamos con Galicia para conversar con SECUNDINO FERNÁNDEZ , representante do BNG en Viana do Bolo, a quen lle solicitamos que nos faga unha pequena descrición do que está a acontecer naquela contorna relacionado coa explotación mineira na localidade de Penouta, que pertence precisamente a ese Concello. A verdade é que están moi preocupados xa que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu unha orde de paralización desa mina, na que están a traballar nada menos que 129 persoas. Non só afecta a esas familias senón que tamén eso prexudicaría a varias empresas subcontratadas e unha merma de actividade en todo o entorno e Concellos limítrofes, xa que moitos dos empregados son de localidades veciñas. Tamén nos comenta, a nivel político, a opinión sobre os pactos que o partido socialista