Outro programiña máis deste "Semprengalicia" para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos coas salutacións de sempre e despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto co primeiro convidado: don MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ , Catedrático de Filoloxía Románica e Coordinador Científico do Centro Ramón Piñeiro. Felicitámolo por ter acadado o Premio da Cultura Galega 2022, e que lle entregaron na primeira quincena deste mes en Lugo, xunto con outras destacadas personalidades da nosa Cultura Galega. Mantemos unha conversa-entrevista moi interesante. Agradecémoslle a súa participación. A seguinte convidada é ANDREA FERNÁNDEZ MANEIRO , poeta e escritora galega (de Carril). Recibímola co Pasobobre Leizapren, que nos envióu esoutro día e que é un agasallo dun grande amigo dela. Felicitámola porque ven de recoller, na Coruña, o IV Premio de Poesía Eduardo Pondal do 2022, polo seu poemario "Voto de Silencio". Agradecémoslle a súa atención e agasállanos coa le
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas