Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2016

Sábado 26-11-16

Comezamos o programa de hoxe falando con LAMELA e ARMANDO dos Premios de Poesía "Rosalía de Castro", que este ano cumplen nada menos que 30 anos e escoitamos unha peza de música para ir amenizando a nosa charla. O Xurado do "XXX Certame de Poesía Rosalía de Castro" Recibimos nos estudos a CARMEN PENIM , de "2Na Fronteira" , que tamén forma parte do Xurado do Certame de Poesía e falamos unha miga de varios aspectos, namentres recibimos ao resto dos compoñentes do mencionado Xurado: ANXO ANGUEIRA , XULIO SIMÓN e HENRIQUE FERNANDEZ . Comentamos algúns aspectos do premio e da Conferencia que nos impartirá Anxo, na Biblioteca "García Nieto", presentando o libro de "Follas Novas" (estudo, edición, notas e comentarios do propio Anxo). E despedímonos ate a vindeira semana. Continúa nos estudos ARMANDO, e conecta coa Ribeira Sacra, para manter unha conversa-entrevista con don MARTIN LAGARÓN , propietario dunha Adega nesa denominac

SÁBADO 19 de NOVEMBREO do 2016

Comezamos o programa de hoxe con todo o equipo ao completo e despois das salutacións oportunas e, de escoitar unha peza musical, comunicámonos con don   ROMÁN ALONSO SANTOS , autor do libro recén saído ao prelo que leva por título SALTANDO A RAIA , unha obra moi documentada e mantemos unha conversa moi animada relacionada con este traballo narrativo. Comentamos os acontecementos e actividades da A.C.G.Rosalía de Castro e saudamos a próxima celebración do XXX Certame de Poesía na Entidade , a vindeira fin de semana, no García Nieto. Conectamos con XULIO SIMÓN , o noso correspondente en Galicia, que nesta ocasión fálanos dende O Courel, onde se atopa nunha andaina moi interesante e fálanos de varias e interesantes informacións culturais, que como sempre nos ten acostumados. A ultima conversa é co noso Poeta da Mariña, PACO RIVAS , que aproveita para agasallarnos coa declamación de dúas creacións súas e aproveitamos para despedirmos o programa con elas. Desexamos que pas

sábado 11 de novembro do 2016

Un día máis, con todos vosoutros tentando levar adiante, durante dúas horas, este programiña en lingua galega. Hoxe disculpando aos nosos habituais colaboradores Xosé Lamela , Laura Santos e Xulio Simón . Teñen certas obrigas persoais ás que atender. Nos controis técnicos atópase, coma sempre, KIKO, e nas locucións ARMANDO Fernández e un servidor. Comezamos conectando con Galicia para falarmos con don JOSE ANTONIO SIMOES DE DIOS , Cociñeiro no Restaurante HABANA - 83 , en Ourense, que veñen de recibir unha reseña moi especial na Guía REPSOL , como restaurante recomendable e moi destacado na cidade. Agradecémoslle a súa amable atención. Deseguido poñémonos en contacto con dona MERCHI ÁLVAREZ , de Galiciame , que nos da cumprida información sobre a "IIª Gala-Xantar Benéfico de GALICIAME" nas Adegas Condes de ALBAREI , en Cambados, previsto para o día 3 de decembro. Conectamos con JUAN Prieto, da A.C.G.  AGARIMOS , que nos informa da realización do MAGOSTO-2016, na

05 de NOVEMBRO do 2016

O Primeiro programa deste mes de SANTOS, comezamos ofrecéndolles escoitar o último traballo de GUADI GALEGO : O Mundo está parado , que acabamos de recibir e queremos compartilo con todos vosoutros. Temos que disculpar a presencia de Laura Santos e Armando Fernández, que teñen certas obrigas persoais ás que teñen que atender. Conectamos coa Baixa LIMIA, para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA nos faga a súa crónica participativa moi relacionada coa Baixa Limia concretamente. A seguir falamos co Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro , que están traballando para ofrecerlle a tódolos socios e simpatizantes o MAGOSTO-2016, ao que nos convida, e aproveita para dar cumprida información das diversas actividades previstas para estes días. Agradecémoslle a súa amable atención. Na segunda hora, coma sempre, conectamos coas Rías Baixas, concretamente con Xulio Simón , o noso correspondente en Combarro, que sempre ten preparada a súa crónica interesantísima. Chamamos a MIRIAM FERR