Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2015

Sábado 18 de ABRIL do 2015

Outro programa máis con vosoutros. Depois da sintonía inicial e das presentacións de rigor escoitamos á nosa amiga SES cunha das súas pezas do seu ultimo CD "Tronzar os VALOS" para darlle a ben-vida ao noso primeiro contertulio: SANTI VELOSO, o coordinador de " PONTE NAS ONDAS " , a quen felicitamos polos 20 anos de realización e polos premios e agasallos que veñen recibindo ultimamente. Agradecémoslle a súa amable atención e participación no noso programa.   A segunda intervención-conversa é con don ENRIQUE BANDE, grande investigador e coñecedor das costumes galegas. Unha conversa chea de interese.   Despoís conectamos novamente con Galicia para falarmos con PABLO do Concello de Lobios , meteorólogo e moi coñecedor da Baixa Limia, que nos pon ao corrente dos seus percorridos sendeiristas pola zona do Xurés.   Para finalizar falamos co noso poeta da mariña Lucense, PACO RIVAS, que sempre nos ameniza a conversa coa súa locución chea de retranca e apunte

Sábado 11 de ABRIL do 2015

Unha semaniña máis con todos vostedes, para ofrecerlles este programiña de dúas horas en galego, con música, noticias e entrevistas de certo interese. Comezamos con música CELTA e deseguida comunicámonos con XURXO GONZÁLEZ , Director do Proxecto SOCHEO , de A Guarda, que nos pon ao corrente dese interesante traballo que están levando a cabo en A Guarda , que constitúe un importantísimo legado audiovisual patrimonial. Teñen que desprazarse os nosos compañeiros XOSÉ LAMELA e ARMANDO FERNÁNDEZ, para participaren no "1º Filandón en Rosalía de Castro" , que terá como protagonista principal ao noso Cantautor Alfredo González Vilela . Desexámoslles moitos éxitos. Na segunda hora conectamos con Galicia, concretamente coas Rías Baixas, para falar co noso correspondente en Combarro, XULIO SIMÓN , que sempre ten unha serie de informacións e noticias culturais moi interesantes. Falamos un chisco da Presentación e Concerto que os amigos de "O VAL das MOURAS" reali