Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

SÁBADO 21 de MAIO do 2022

Poñémonos hoxe a traballar para ofrecervos o programa do pasado sábado día 21, que por mor de certos atrancos informáticos e técnicos non puidemos subilo o mesmo sábado, coma sempre. Iniciamos a emisión coa nosa sintonía e ofrecémoslle unha peza de música que interpreta o Grupo Musical "PELEPAU" , para recibir a ALEXANDRE , compoñente deste grupo de música tradicional galega. Falamos da próxima actuación que terá lugar o día 17 de XUÑO no Parque de Can Mercader, en Cornellà, con motivo da "Festa Celta" que organiza a A.C.G.Rosalía de Castro durante os día 17, 18 e 19 de XUÑO. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslles moitos éxitos. O segundo convidado é MANUEL VAZQUEZ OSORIO , Presidente do Centro Galego NÓS , de Sabadell, que están celebrando a "30 Festa Galega en Sabadell" . Convida a tódolos oíntes e simpatizantes para que se acheguen á Avenida Francesc Macià e disfruten desta grande celebración. Recibimos a continuación ao

SÁBADO 14 de MAIO do 2022

Comeza o programa con   Armando Fernández e Manuel Rodríguez Julián nos estudios, xunto co noso técnico Kiko Belinchón . Despois da sintonía, das salutacións oportunas e unha peciña de música, conectamos con ANTONIO DÍAZ , Director da Revista "LUA NOVA". Mantemos unha conversa relacionada con actividades da A.C.G. Rosalía de Castro, como son a revista "LÚA NOVA", unha viaxe a Galicia, a próxima Festa Galega de Can Mercader, a divulgación das Baxes do "XXXVI Certame de Poesía en Língua Galega Rosalía de Castro" de Cornellà e algunha cousiña máis. A segunda convidada é a correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira . A pesar de ter preparada a súa crónica semanal tamén mantén unha conversa interesante con ámbolos dous contertulios de hoxe, sobre o Caurel, lugar de nacenza de Manuel. Despois mantemos unha cativa conversa entre un servidor, Couxil e os dous encargados do programa de hoxe, Armando e Manuel, que están a dirixir este programa con moito ac

SÁBADO 7 de MAIO do 2022

Comezamos unha nova emisión deste noso programiño disculpando a presencia do compañeiro Armando Fernández que hoxe non poderá estar nos estudos connosco, pero tentaremos falar con el aínda que sexa tan só para felicitalo polo seu cumpleanos. Ofrecémoslles unha peciña de música que nos servirá para darlle a ben-vinda á nosa primeira convidada, dona ANTÍA YÁÑEZ RODRÍGUEZ , escritora galega (nada en Burela) que ven de acadar o XIX Premio Xoan Carballeira que convoca o Concello de Bueu. Felicitámola e agradecémoslle a súa amable atención. Desexámoslle que siga colleitando moito éxitos. O segundo convidado é PEPE FORMOSO , ademais de periodista é empresario e xerente do Hotel Bela Fisterra e tamén Bela Muxía. Agradecémoslle que nos reciba e felicitámolo por ter organizado para o vindeiro luns día nove, unha "Homenaxe a Pazos de Merexo" . Explícanos moi sucintamente quen era Pazos, cómo organizaou este evento no que participarán unha man chea de artistas e amigos que foron de Paz