Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

SÁBADO 29 de OUTUBRO do 2022

Outro sábado máis con vostedes. Dámoslles a ben-vinda e dispoñemonos a saudar ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY , que ten a súa crónica semanal preparada para compartila con nosoutros. Como cada semana indicamos aquí, que poden ampliar as informacións na páxina quepasanacosta.gal. O segundo convidado é dona MARIA CARREIRA , unha Doutoranda galega coa que mantemos unha conversa relacionada coa súa Tese Doutoral. Está baseada na investigación sobre a obra do grande autor galego Xosé Luís Méndez Ferrin . Unha honra para nosoutros, que ademais de axudarnos a coñecer un bocadiño máis do seu traballo, tamén nos comprometemos a voltar a falar con ela para seguir coñecendo moito máis sobre ese libro publicado, que nos promete agasallar, para así poder comentalo con ela. Despois escoitamos unha peciña de música e recibimos con moita ledicia a unha grande cantautora: SHEILA PATRICIA , unha voz extraordinaria. Felicitámola por ter recibido, nos IX Premios Martín Codax de Músic

SÁBADO 20 de OUTUBRO do 2022

Despois da nosa sintonía de sempre, dámoslle a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores. Propoñemos a escoita dunha peciña musical e deseguida conectamos con OSKAR REY , o noso correspondente na Costa da Morte, para recibir a súa crónica semana, resumida, relacionada coa aquela contorna. Repetimos, coma sempre, que poden ampliar as informacións e noticias na páxina quepasanacosta.gal. Despois de escoitar outro bocadiño de música poñémonos en contacto con DAVID RODRÍGUEZ , escritor galego que resultou gañador do XXVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, cun ensaio, traballo de investigación sobre Castelao. Parabenizámolo e conversamos con el sobre este traballo e agradecémoslle a súa colaboración e aportación de hoxe no noso programa. Desexamos que teña moito éxito. Continuamos o programa e conectamos con PEDRO PORTO , da ADEGA TERRAS BENDAÑA . Agradecémoslle a súa amable atención. Parabenizámolo por ter acadado o Premio BACELO DE PRATA, outorgado pola Fundación Alvaro das

SÁBADO 15 de OUTUBRO DO 2022

Comezamos unha nova emisión do " Semprengalicia " coa nosa sintonía e as salutacións de ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores. Ofrecémoslles unha peciña musical e conectamos coa nosa amiga e compañeira LAURA SANTOS , que dende Santa Coloma de Gramenet, infórmanos da "Festa Cultural do pulpo", organizada pola Asociación Cultural Galega "Airiños da nosa Galicia" que están a celebrar. Convídanos a participar e asistir para disfrutar dese bocado gastronómico de grande calidade, que están ofrecendo no Parque Europa de Santa Coloma. Agradecémoslle a súa participación e colaboración, desexando que teñan moita asistencia. Continuamos a emisión e comentamos o éxito que están acadando as "Tanxugueiras" co seu ultimo CD "Diluvio" e escoitamos algunha peza dese seu traballo. Conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Rey , que nos ten preparada a súa crónica semanal cun resumo das noticias máis salientables que el mesmo esc

SÁBADO 8 de OUTUBRO do 2022

Unha emisión máis. Comezamos coas salutacións oportunas e a nosa sintonía. Ofrecémoslle escoitar unha peza (Sac Buit) que recibimos de Ricard Ros , composta por el mesmo e que estreará na FIRAMEDITERRÀNIA de Manresa. A continuación conectamos con Galicia para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Rey . Un resumo das moitas noticias que suceden naquela contorna e que poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal . Agradecémoslle a súa colaboración. A segunda conversa é con dona  Celia Pereira Porto, Presidenta da Fundación Vicente Risco , que nos pon ao corriente das múltiples actividades que están a realizar. A primeira, e moi concreta, porque aconteceu fai uns días perto de nós, foi a presencia do Selo Editorial da Fundación na Feira Internacional do Libro en Barcelona, LIBER. Continuou dándonos máis información e noticias. Agradecémoslle a súa colaboración.  Poñémonos en contacto co Sr. Antonio , Presidente da Irmandade Galega "O Noso Lar de Terrassa&quo

SÁBADO 01 de OUTUBRO do 2022 - NOVA TEMPADA 2022 - 2023

Comezamos unha nova xeira. Esta tempada 2022 - 2023 queremos que todos sigades sendo fieis ás nosas emisións e polo tanto teremos moitas e importantes novidades. Comezaremos con algunhas sorpresas que seguro serán do voso agrado e continuaremos coas colaboracións de anos anteriores, aínda que incorporaremos algunha cousa máis para irmos mellorando en todo aquelo que poidamos. Hoxe comezaremos coa nosa sintonía de sempre (que estamos traballando para mudala) e despois das salutacións de sempre conectamos con Galicia para falarmos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR RE Y , que nos fai a súa crónica semanal con informacións e noticias moi interesantes. Despois conectamos con DOMINGO DÍAZ , un dos organizadores da Festa de SAN FROILAN 2022 , en Nou Barris. Infórmanos, ben polo miudo, dos diferentes actos previstos realizar os día 7, 8 e 9 de outubro. De tódalas intervencións destaca como estelar a actuación da Orquestra PANORAMA, na verbena do día 8 e na do día 9. Tamén nos ind