Comezamos coa sintonía de sempre -Tolemia de Cristina Pato-, pero unha vez feita a nosa presentación escoitamos unha composición creada e interpretada por Alfredo González, artista e músico moi coñecido e apreciado pola colectividade galega en Cataluña, titulada: "Hino a Rosalía de Castro de Cornellà". Un agasallo deste galego de Becerreá, que lle fai este presente ao noso programa e moi concretamente para a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, con motivo do seu 30 cumpleanos. A nosa primeira comunicación en directo é con Carmen Rozas , poetisa galega que dende Ponferrada nos pon ao corrente da súa proposición de "Apagón Eléctrico Xeral" para o día 15 de marzo vindeiro. Podedes atopala no facebook, xa que ten unha plataforma con esta proposta. Segundo nos explica xa ten máis de 1000 simpatizantes ou seguidores desta plataforma, á que se engadiron outras máis, sensibilizadas coa súa proposición. Agasállanos coa declamación de dúas das súas poesías. Unha en
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas