Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2012

Programa ESPECIAL -QUINTA de CANCELADA

José Romero e Alfredo González A nova tempada comezará o día 6 de outubro, pero aproveitando que fixemos unha gravación de varias horas, do FESTIVAL-CONCERTO en Quintá de Cancelada, o día 25 de agosto pasado, quixemos ofrecervos este ESPECIAL, adicado á Asociación "CASTIÑEIRO E NOGUEIRA" . É a primeira vez que nos atrevemos a saír dos estudios da nosa Redacción e gravar as diferentes intervencións e entrevistas que poderían ser interesantes para tódolos oíntes, polo tanto pedímosvos desculpas polos erros que seguro atoparedes, pero fixémolo coa mellor das vontades e tentando compracervos. Comezamos informándolles do que foi esa experiencia e cómo se argallou este evento. Neste primeiro corte-gravación poderedes escoitar a primeira das intervencións do Concerto, a cargo de José Romero (acordionista) e Alfredo González (cantautor) .  Alen de ANCOS A continuación unha pequena entrevista-conversa que mantivo o noso amigo Armando Fernández con Carlos Caaveiro. Un