Un sábado máis con todos vosoutros para ofrecervos dúas horiñas de radio en galego, con música, entrevistas e novidades, que nos chegan á nosa Redacción. Esta semana non poderemos contar coas colaboracións habituais de Laura Santos e tampoco poderemos falar co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, pero tentaremos suplir estas ausencias -involuntarias- con outras alternativas que coidamos sexan do voso agrado. Comezamos propoñéndolles escoitar algunhas pezas da nosa música tradicional. Algúns comentarios relacionados cos nosos enderezos e algo máis de música, para que poidan participar neste seu programa. Despois conectamos con Galicia, concretamente con Loureses, para falarmos con don MANUEL MANDIANES , un grande amigo etnógrafo, investigador e escritor, que ven de publicar na Editorial Sotelo Blanco o libro: VIAXE SEN RETORNO. Unha conversa-entrevista, en primicia e en exclusiva para nosoutros, moi amena e de moito interese. Na segunda hora conectamos coa Baix
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas