Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2013

sábado 26 de OUTUBRO

Aínda está en construcción a nova páxina web do noso programa e polo tanto seguimos a traballar. En primeiro lugar convidamos a tódolos nosos oíntes para que asistan á Asemblea Informativa que convoca a A.C.G.Rosalía de Castro , precisamente despois do noso programa. Lembrámoslles que do 1 ao 9 de Novembro a Entidade ten previsto realizar a semana da SOLIDARIEDADE , e moi específicamente o día 2 co "MAGOSTO Solidario" , no que se recollerán aqueles productos non perecederos que aporten, para o Banco de Alimentos.  Comezamos a progamación de hoxe coa conexión de sempre, na Baixa Limia, falando con XOSÉ LAMELA , que nos presenta ao contertulio convidado XAVIER PAZ , responsable da Livraría Torga (Ourense) e coordinador das XXV Xornadas de BD de Ourense. Unha conversa-entrevista chea de engado.  E falando de informacións, votamos man das que nos chegan á nosa Redacción.  Seguimos, na segunda hora con informacións relacionadas coa cultura galega e moi especialm

19 de outubro do 2013

Dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, o equipo ao completo. Despois de escoitar unha peza de música galega conectamos con Galicia, concretamente coa Baixa Limia , coma sempre, para falarmos co noso correspondente XOSÉ LAMELA , que nos presenta ao contertulio de hoxe: MANUEL PAZ , un traballador desinteresado e incansable cheo de inquedanzas e xeneroso na súa dedicación aos seus conxérenes, en especial aos de LOBIOS . Mantemos unha conversa moi agradable. Novamente conectamos con Galicia, nesta ocasión para falarmos con SALVADOR ALHO , un dos responsables da Asociación DORNA, da Illa de Arousa , que nos pon ao corrente das moitas actividades que están a desenrolar e fainos saber das súas dificultades con relación ás embarcacións tradicionais que teñen. Prometémonos volver a falar con el para ternos ao día das súas inquedanzas. Na segunda hora comezamos coa noticia musical que nos pormenoriza LAURA SANTOS , dándonos a primicia que vai a ter lugar en Santiago

Segundo programa desta tempada 2013-14

SABADO 12 de OUTUBRO do 2013 Comezamos dándolle a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores, presentándolles o noso equipo de traballo (Armando Fernández, Laura Santos, Marc Fort e un servido de vostedes) e adiantándolles o que pretendemos levar a cabo nestas dúas horiñas de radio en galego. A nosa primeira comunicación é coa BAIXA LIMIA, como era habital na anterior tempada, e falamos co noso correspondente XOSÉ LAMELA , a quen saudamos con moito agarimo e agradecémoslle as súas aportacións e colaboración desinteresada. Despois poñémonos en contacto con CARMEN, da Vivenda Rual XANELA DA LÚA , que nos pon ao corrente da oferta especial OUTONOS GASTRONÓMICOS, na que participa en combinación con TOUR GALICIA. A verdade é que paga a pena visitala e disfrutar da estancia en LIRA. Conectamos con don ALFONSO RICO , Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, para que nos informe das diferentes actividades que se están a desarrolar na Entidade e das que están previstas realizar

Programa especial dedicado ao CAMPO de TRABALLO de QUINTÁ DE CANCELADA

5 de outubro do 2013 Este programa foi dedicado integramente ao Campo de Traballo Internacional que se realizou este ano 2013 no SENDEIRO de QUINTÁ DE CANCELADA - RÍO DONSAL , en Lugo.  As diferentes intervencións e participacións podedes escoitalas, de momento no link de IVOX que está na marxe esquerda do noso blog. Tan axiña como poida colgaremos, un pouco máis estructurado o Programa, como vimos facendo cada semana. Estiven ausente uns días e teño este "traballo" algo atrasado, pero prometo actualizalo canto antes... Agradézovos a vosa pacencia e dedicación...