Novamente, unha semana máis comezamos o programa coa mesma sintonía de sempre: a nosa Cristina Pato coa súa TOLEMIA. Despois de dar lectura a varias informacións e noticias que nos chegan á redacción comezamos a nosa primeira ENTREVISTA con MANOEL CARRETE , para que nos informe dunha seire de actividades nas que estivo implicado e da próxima publicación do libro que estaba a preparar. Informounos, en primicia, de que o vindeiro día 2 de decembro presentarase este libro que trata sobre a Emigración galega en Catalunya, na sé da FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO, en Padrón. Prometeunos traernos algún exemplar á emisora e sortear algún deles para os oíntes que nos sintonicen, que nos escoiten pola Internet ou que nos chamen. Agradecémoslle-lo e prometemos estar ao seu carón, cando veña a presentalo aquí. Continuamos coa programación e voltamos a dar unha serie de NOTICIAS, que escollemos entre as máis salientables do momento. Na segunda horiña conectamos con Galicia, concretamente co
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas