Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2012

Ultimo programa do 2012

15 de DECEMBRO  Comezamos esta ultima emisión de "Sempre en Galicia" coa intención de facerlles pasar dúas horiñas de radio en galego, cheas de noticias, entrevistas e conversas adubiadas coa "nosa música", a galega.  Na primeira hora chamamos a Galicia, concretamente a VIGO, para falarmos, en exclusiva, con CARLOS NUÑEZ , que nos recibe moi amablemente e fainos sabedores de dous eventos importantes que vai a realizar en Barcelona: O luns 17 estará no CAT, de Gracia , para presentar o documental. BRASIL SOMOS NÓS, dirixido por ROBERT BELLSOLÀ, e con quen tamén temos a ledicia de falar con el, par aque nos informe dese acontecimiento. Outro evento, será o CONCERTO no XIV Festival del Mil.leni, que realizará na capela de SANTA MARÍA DEL PI  , o día 18 de decembro. Faláronnos de moitas cosas. Non tivemos máis tempo nin espacio neste programiña, pero pregámoslles poder voltar a comunicarnos con eles en vindeiras ocasións para que nos falen dos seus traballos. Moita

1 de DECEMBRO do 2012

Como cada semana comezamos o programa dándolles a ben-vida a tódolos nosos seguidores e amigos, e tentamos adiantarlles todo aquelo que desexamos levar a cabo nestas dúas horiñas de radio en galego. Con motivo do "XXVI Certame de POESÍA en língua galega Rosalía de Castro" , tivémola visita do noso colaborador na Baixa Limia XOSÉ LAMELA, e tamén de XULIO SIMÓN. No vindeiro programa falaremos do Certame.  Na primeira hora falamos con ANA MENDEZ, encargada de Turismo do Concello de MONTEDERRAMO , unha berciana que coñece moi ben a súa función, coa que mantemos unha longa conversa-entrevista, axudados polo noso amigo KIKE, dende Monforte de Lemos, que sempre nos axuda e colabora connosco en moitas ocasións. Despedímonos deles dándolles as gracias pola súa aportación e colaboración, desexando que non sexa esta a primeira de moitas ocasións en que volvamos a comunicarnos.  Ofrecémoslles uns minutiños de música para intercalar e aproveitamos a que nos enviou MARTA QUINTANA ,