Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2008

O día 3 de maio non temos programa

O día 3 de maio non podemos facer o programa "Sempre en GALICIA" De tódolos xeitos aí vos van unha serie de informacións i nteresantes:

O programa do día 26/04/08

Seguro que os escoitantes-oíntes de "Sempre en Galicia" descubriron unha nova faceta do noso programa. Estamos a introducir novidades e tentamos poñer en marcha unha nova forma. Quixeramos recibir as opinións e comentarios dos que nos seguides, pero aínda non me puxen ao día nestas novas técnicas para poder amosárvolas. En pouco tempo (espero que antes dun mes) asegúrovos que farei o posible para atender esta inquedanza e desexo compartido por moitos dos colaboradores e coñecidos que estamos nesta mesma teima de falar en galego e comunicármonos con todos vós. Prégovos que sigades á espreita e que teñades un pouco de pacencia. Eu cumplirei coa miña promesa e seguro que será do voso agrado. No programa de HOXE, comezamos cunha pequena conversa con BALBINA LÓPEZ ÁLVAREZ , a Presidenta do Centro Cultural Galego da "Roca del Vallés", quen nos puxo ao corrente das inquedanzas dos galegos da ROCA e das actividades previstas para vindeiras xornadas, en primeiro lugar a do 2

Sempre en Galicia : 19 de abril 2008

Este sábado tivemos o estudio cheo de visitas. * Na primeira hora estivo dona Amelia , directora do grupo de Teatro " Anduriña ", acompañada de dúas das compoñentes do grupo, cuxas fotografías acompañamos a esta nova entrada. * Despois presentamos "en exclusiva e primicia" o primeiro disco de NEIRELA , gracias a Serxio e Alfonso , compoñentes ambos do grupo, e que estaban exultantes coa súa nova producción. Escoitamos varios temas do seu novo e recente traballo. Tamén acompañamos as súas fotos. Aproveitamos para falar de LAMATUMBÁ e OPHIUSA, dos que colgamos sendos videos e música xa que nos enviaron a súas novidades e recentes publicacións. Escoitádeos. * Na segunda hora tivemos a intervención de Xosé Carlos González , que fixo unha exposición da viaxe tan interesante que realizaron a EE.UU. fai dúas semanas e dixo que se atopa comprometido a levar alá nada menos que un cento de gaiteiros de Catalunya para poder participar no "San Patricio". * Tamén con

Fotos no programa

Do arquivo que temos, aproveitamos algunhas fotos nas que podedes ver algunhas das persoas que pasaron polos "micros" de "Sempre en Galicia", e que aínda seguen na nosa lembranza e recordo, xa que eles estiveron primeiro ca nós e marcaron unha fita importante nesta nosa tarefa de levar adiante este programa en lingua galega. Desexamos publicar algunhas máis. Estas son un adianto do que vos queremos facer partícipes. O noso apoio á candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

A nosa proposta de músicas

Dende agora en adiante tentaremos poñer algún que outro "video" ou "mp3" que se poidan recoller e escoitar no noso "blog". Seguro que aínda nos fai falla algunha que outra corrección para levar adiante o que tentamos sexa unha fiestra de comunicación e intercambio entre tódolos nosos asiduos escoitantes e participantes no programa "Sempre en Galicia", pero a verdade é que se non nos poñemos a traballar nelo non chegaremos nunca a facer ren. Seguimos en probas, estamos traballando para podermos conseguir algo que poida servir para todos, pero pregámosvos pacencia para que poidamos chegar a bon porto. Pronto vos comunicaremos a mellor forma de participar connosco. De momento ese é o adianto que desexamos compartir con todos vós.
Unha fotografía da nosa xeografía galega. Xamirás.
Na mesma liña de "probas e continuidade" do que desexamos facer neste "blogger", aproveito a ocasión para incluír aquí o resumo de Premios concedidos no VII Certame de Música e Baile Galego de Cataluña: CLASIFICACIÓN: Solistas: 1º Casa Galega de L’Hospitalet 2º C.C. de Galicia “As Burgas” de Eibar 3º Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet Cuartetos - Quintetos: 1º A.C. Amigos da Gaita Toxos e Xestas de Barcelona 2º Casa Galega de L’Hospitalet 3º C.C. de Galicia “As Burgas” de Eibar Cantareiras: 1º Casa Galega de L’Hospitalet 2º A.C.G. Agarimos de Badalona 3º “Alevosía” de Rianxo (Galicia) Banda de Gaitas: 1º Casa Galega de L’Hospitalet 2º A.C.G. Agarimos de Badalona 3º C.C. de Galicia “As Burgas” de Eibar Grupo de Baile: 1º Casa Galega de L’Hospitalet 2º A.C. Cova da Serpe de Barcelona 3º Irmandade A Nosa Galiza de Mollet

O día 12 de abril retornou Paco Rivas ao noso programa

Hoxe, 12 de abril, volve a retomar a súa colaboración co noso programa o escritor e poeta PACO RIVAS , que como en edicións anteriores volveu a felicitarse e felicitarnos a tódolos escoitantes por retornar a participar connosco neste programa de radio en lingua galega. Dende aquí aproveitamos para darlle as gracias polo seu esforzo e pola súa colaboración desinteresada, que tentaremos compensar cando teñamos oportunidade.