Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2008

Programa do 14 de xuño

Comezamos o programa anunciando tódalas novidades que tiñamos previstas : *As colaboracións co Presidente da Asociación Rosalía de Castro: don Ricardo Pérez Anta , que nos deu unha pequena semblanza das actividades desenroladas ultimamente pola Entidade, díxonos do éxito acadado coa Festa de Can Mercader, falounos da próxima Festa de San Xoan diante da Entidade, anunciounos a actuación da compañía de Teatro Anduriña en Badalona e no CEntro Galego de BArcelona, así como a posibilidade de que actúen en Galicia, e desexounos unhas boas vacacións e lecer para todos neste verán. *Conversamos con Kike , o noso Henrique Fernández, antigo colaborador e conductor deste programa e presidente da Entidade. Momentos entrañabeis e cheos de engado lembrando momentos de boa sintonía a carón de Xosefina, directora perante catro anos do "Sempre en Galicia". Quedamos para continuar esta conversa en vindeiras ocasións. * Falamos con Xacobe , mantedor da páxina Aldea de CORO, nos Ancares de Galic

SETE de XUÑO : Desta si que foi posible!!!

Desta hecha puidemos dar conta dun programiña entretido. A nosa porposta puido levarse a cabo coa maioría do noso deseño. * Comezamos conectando con CELSA, a profesora de matemáticas nun instituto de San Joan d'Espí, pero que leva 6 anos impartindo clases de galego aos alumnos do seu colexio e non só con moitísimo éxito senón que ademais fan intercambios anuais con diferentes colexios de Galicia que tamén imparten catalán aló. Forman parte do proxecto Galauda, os seus alumnos participaron no concurso anual da Universidad Autónoma de Barcelona "Contos do Mediterráneo" e unha aventaxada alumna, Ana concretamente, foi agasallada cun accésit neste certame. Escoitamos declamar a composición á nosa benquerida compañeira Celsa. * No apartado de músicas tivemos intervencións diversas, ata unha dedicatoria para un dos rapaces - fillo ou neto socio de ACG.Rosalía de Castro - que facía a súa primeira comunión, o que nos obriga a pensar que alguén nos escoita, mal que lle pese a a

31 de MAIO : Programa "accidentado"

Nesta ocasión tivemos que compartir as dúas horiñas de radio coa retransmisión, por parte de José Antonio Amores do partido da "Copa Catalunya" que disputaba o R.C.D.Cornellà diante do Castelledefells. Non tiñamos posibilidades de conectar con garantías e podermos compartir as conexións en directo e fixemos un programa un tanto "accidentado". A verdade é que a nosa técnica : IRENE MATAS , puxo da súa parte todo o posible para podermos ter as conexións precisas, pero... ... non puido ser. Ao remate gañou o Cornellà por dous tantos a un. Tiñamos previsto falar con: * Celsa e Charo , profesoras de galego en dous Institutos de Catalunya. Non puido ser. * Con Suso Leiro , navegante solitario en Groenlandia. Tampouco puidemos ter a conexión. * A colaborción semanal de Xulio Simón tivemos que suspendela. * O Recuncho poético de Paco Ribas , que tiñamos previsto amplialo coa incorporación dunha poeta galega en Catalunya, tamén nos foi imposible de