Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2014

Sábado 20 de decembro do 2014

O último programa do ano. Comezamos dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores, todo este equipo: LAURA SANTOS, XOSÉ LAMELA, ARMANDO FERNANDEZ e un servidor. Nos controis técnicos, coma sempre, MARC FORT . Tentaremos facer un programa cheo de desexos Navideños para todos e moi especialmente para aqueles amigos e seguidores moi particulares. Ofrecémoslles escoitar unha primeira peza do disco CANTIGAS DE NADAL, e con ela queremos felicitar á cantautora GUADI GALEGO, dándolle unha sorpresa, pero non demos contactado con ela. Probamos logo con outra persoa e tentamos poñernos en contacto coa Directora do Grupo de Teatro "Anduriña" dona AMELIA López , a quen felicitamos con efusión e cariño. Aténdenos con amabilidade e desexámonos mutuamente unhas Boas Festas e próspero vindeiro Ano.  A seguinte comunicación é co Presidente da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro -don ALFONSO RICO -, que aproveita non só para felicitar as FESTAS a tódolos oíntes, segu

Programa do 13 de DECEMBRO do 2014

Con un puoco de retraso, por mor de certas "obrigas" persoais, que mo impediron, aquí vos deixamos o programa do sábado pasado, que consideramos sexa do voso agrado. Comezamos dándolles a ben-vida dende os estudios o equipo formado por MARC Fort -nos controis técnicos- XOSÉ LAMELA, LAURA SANTOS e un servidor. O noso amigo ARMANDO atópase facendo de presentador no XVIII Festival de Agarimos de Badalona. E a primera conexión-comunicación é con TONI SIMOES , da " TAVERNA del CLINIC ", para felicitalo por ter acadado o Primeiro Premio como o " Mellor Cociñeiro xoven de Catalunya ", concedido pola Academia CATALANA DE GASTRONOMÍA . Mantemos unha conversa moi agradable e chea de informacións e coñecementos sobre a súa tarefa como "Chef" da cociña dese Restaurante emblemático LA TAVERNA DEL CLÍNIC . Agradecémoslle a súa amable atención e prometemos saudalo e felicitalo personalmente, nunha vindeira visita ao seu e