Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

SÁBADO 25 de MAIO do 2019

Outro programa con todos vostedes. Comezou a emisión con Armando Fernández nos estudos, e disculpando a presencia de Xulio por mor de certas obrigas personais. Despois das salutacións pertinentes comunícase con Xosé Lamela Bautista , o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao convidado de hoxe o Sr.Alcalde de Entrimo don Ramón Alonso López , para falar de aspectos relacionados coa proposta de homenaxe a un ilustre personaxe da localidade e dun libro recentemente publicado, así como doutros interesantes aspectos da zona. Despois falamos con Domingo González Lorenzo , CHEF-Cociñeiro do Hotel-Balneario de Lobios e Presidente de varios Tecores de Caza da Serra do Xurés, ademais de varias comunidades de montes da mesma zona. Falamos da "VII Festa da CAZA do Xurés", das Formativas e Gastronómicas de Caldaria-Lobios... Unha conversa que se ve enriquecida pola grande aportación profesional de Domingo amosándonos o seu bon quefacer no aspecto gastronómico e e

SÁBADO 18 de MAIO do 2019

Presentando "En Blanco" Na Radio con Lamela e Mandianes Un programiña máis, con todos vosoutros. Estamos acompañados, en directo polo noso correspondente na Baixa LImia, Xosé Lamela Bautista , e polo grande Antropólogo don Manuel Mandian es Castro , que ven a facer unha Conferencia, con motivo das "Letras Galegas 2019" na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà , e aproveitar para presentarnos o seu ultimo libro: "En Blanco". Falamos un chisco con eles e tamén aproveitamos a ocasión para ler unha das ultimas poesías coas que nos agasalla a nosa "Poeta-Pastora" Nieves Fernández Vidueira , relacionada co día de hoxe: O día dos Museos. Moi axeitada para este día tan singular. Mandámoslle as nosas felicitacións e agradecémoslle que comparta connosco tan fermosas palabras. Despois de despedirnos de tódolos nosos oíntes e seguidores, deixamos que continúe a emisión ofrecéndolles unha serie de escollas musicais coas que poden disfrutar ampla

SÁBADO 11 de MAIO do 2019

Comezamos outro programa de "Semprengalicia" dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar unha peciña musical para conectar con Galicia, concretamente coa Baixa Limia, onde se atopa o noso correspondente José Lamela Bautista , que nos presenta ao seu convidado de hoxe, don MANUEL MARIÑO , propietario do Restaurante LINDO VERDE , en Lindoso, que acaba de "reinaugurar" ese establecemento. Mantemos unha conversa moi interesante falando das ofertas gastronómicas que se poden degustar nese emblemático lugar, situado ao pe do Castelo de Lindoso e pertiño do encoro do mesmo nome. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos visitalo en canto vaiamos por aquela zona tan feiticeira, para poder xantar algún deses pratos deliciosos que preparan con tanta excelencia. Falamos agora con RAQUEL DA VENTA , prologuista do libro de Mercedes Taracido: "Por camiños e carreiros" , do que xa tiñamos falado, pero aproveitamos esta conversa-entrevista para que nos a

SÁBADO 04 de MAIO do 2019

Outro programa máis con todos vosoutros, no que tentamos ofrecervos novidades, entrevistas e música e que desexamos sexan do voso interese. A primeira comunicación é con CARLOS JULIO GONZÁLEZ , un mozo Quirogués de 16 anos que ven realizando unha labor de informador-periodista como afeccionado pero con moita dedicación e seriedade, precisamente na comarca de Quiroga e leva adiante a súa páxina DIARIO DE QUIROGA , moi aprezada polos veciños e por moitas persoas que se achegan a coñecer algo máis daquela contorna. Agradecémoslle a súa amable atención e non descartamos a posibilidade de que participe con nosoutros nalgunha sección do noso programa.  Aproveitamos uns minutiños para sacar da presentación á nosa periodista LAURA SANTOS , que está no Parque Europa de Santa Coloma de Gramanet, disfrutar do terceiro día de Festa Galega que organiza Airiños da Nosa Galicia con motivo do seu 36 cumpleanos. ¡Parabens e graciñas por atendernos! os galegos ofrecen a súa cultura musical e ga