Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

SÁBADO 28 de NOVEMBRO do 2015

Unha semaniña máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programa de dúas horiñas, en GALEGO, con música, noticias e entrevistas que coidamos do voso interese. A primeira é con don ASER ALVAREZ FERNANDEZ , fundador da Asociación ARAIANOS e grande coñecedor da BAIXA LIMIA. Unha entrevista chea de ensino. Despois de escoitar outra peza de música, poñémonos en contacto con XOSE CARLOS G.G ., membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro , que nos pon ao corrente da celebración das "Xornadas Culturais 2015" desa Entidade, e na que destacan  os PREMIOS Literarios de POESÍA Rosalía de Castro e Narrativa Rosa Reboredo , así como a Conferencia a celebrar o día 12 de decembro e outras novidades moi interesantes. Propoñemos, á nosa audiencia e seguidores, escoitar unha peza de música mentres agardamos poder comunicarnos con outro directivo doutra Entidade Galega, e aproveitamos para dar información doutras novidades acontecidas na nosa Galicia. A segu

21 de novembro do 2015

Na emisión de hoxe tan só nos atopamos nos estudos da Radio Xosé LAMELA e mais un servidor, Xulio Couxil, acompañados da estimada axuda do noso técnico KIKO, aínda que aproveitamos para saudar a MARC Fort, anterior responsable de que a nosa emisión se fixera con éxito. Disculpamos a ausencia de Laura Santos e Armando Fernández, que teñen sendos compromisos que cumplir, pero a próxima semana seguro que nos acompañarán. Comezamos dándolle a ben-vida a don MANUEL RIVERO PEREZ , que nos presenta ao convidado especial desta primeira hora: Don ISAAC ALONSO ESTRAVIZ , e mantemos unha extensa conversa-entrevista chea de ensino en moitos aspectos culturais, pero esclarecedora e moi abondosa relacionada co noso idioma: O GALEGO. Agradecémoslle a súa participación e aproveitamos para convidalos a participar en vindeiras datas.  Entretanto agardamos poder conectar con Galicia para facer outra entrevista, aproveitamos a ocasión para comentar entre nosoutros e públicamente uns comentarios "

14 de novembro do 2015

O programa de hoxe lévano adiante XOSÉ LAMELA  e ARMANDO FERNÁNDEZ , xa que Laura Santos e mais Xulio Couxil, teñen certas "obrigas personais" que lles impiden estar presentes nos estudos da Radio para completar o equipo. Así pois comezan coa conexión con XOSÉ SIMOES , grande empresario galego afincado en Cataluña co que manteñen unha conversa-entrevista moi interesante. A segunda intervención-conexión é co noso colaborador XULIO SIMÓN , dende as Rías Baixas, que sempre ten preparadas unha chea de "cousas galegas" enriquecedoras. Tamén participa Xulio Couxil, dende o seu desprazamento e retiro, que aproveita para agradecer a chamada e pequena charla. Comunícanse despois con Andres Domíngez , que informa a toda audiencia da situación que viven na súa familia relacionada coa "rara enfermidade" dun seu fillo que por ser tan rara non a ten recoñecida a Seguridá Social e están a traballar para conseguir unha declaración oficial do asunto. Para f

SÁBADO 7 do mes dos SANTOS do 2015

Unha semaniña máis tentando falarvos en galego perante dúas horiñas, con música, noticias e entrevistas con colaboradores que coidamos interesantes para todos vostedes.  Dámoslle a ben-vida ao noso "compañeiro" Xosé Lamela", que ven a facer a súa invernía a estas terras catalanas e despois das presentacións pertinentes conectamos con Galicia para falarmos con don JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ , un etnógrafo moi coñecedor das terras de Ourense, Verín e arredores, A Gudiña, a Baixa Limia, A Raia galego-portuguesa... ... etcétera, con quen mantemos unha conversa chea de ensino e moitas cousas interesantes. A segunda entrevista-conversa é con MERCHI ALVAREZ , de GALICIAME, que nos informa moi polo miúdo da "Iª GALA-XANTAR BENÉFICO GALICIAME" , nas Adegas de Martin Codax, prevista para o vindeiro día 5 de decembro. Agradecémoslle a súa amable atención e seguiremos en contacto para nos informe das actividades que teñen previsto realizar. Na segunda hora conectamos c

Sábado 31 de OUTUBRO do 2015

No programa de hoxe temos que disculpar a ausencia do noso colaborador habitual na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA, que está de viaxe cara estas terras catalanas, comezamos a emisión propoñéndolles escoitar unha peza de música galega, namentras nos comunicamos co Presidente da A.C.G.AGARIMOS , de Badalona, don JUAN PRIETO , que nos informa das actividades realizadas nesa Entidade e da próxima celebración do MAGOSTO-2015. Despois LAURA SANTOS , fainos de correspondente da A.C.G.AIRIÑOS da NOSA GALICIA , de Santa Coloma de Gramanet, e tamén nos informa das actividades e próxima celebración do Magosto-2015. Logo conectamos con don ALFONSO RICO , Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro , que nos pon ao corrente da celebración e convite, hoxe mesmo, ao MAGOSTO-2015, así como tamén das diversas actividades previstas para as vindeiras datas. Na segunda hora, como cada semana, conectamos coas Rías Baixas, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN , que nos ten preparada unha entrevi