Comezamos este programa de hoxe dándolles a ben-vinda e saudando a Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, con quen compartiremos unha morea de cousas. Conectamos con Galicia para falar co noso correspondente na Baixa Limia, José Lamela Bautista , que nos presenta á súa convidada de hoxe: Marta Delgado . Desexámoslle un Feliz Entroido. Despedímolo e tentamos comunicacrnos con Marta, pero non nos foi posible, polo tanto seguimos adiante, neste sábado de Entrudio,, conectando co Bierzo, para falar con don JOSE OTERO , de Embutidos de Santa Cruz de Montes , que nos recibe moi amablemente e comentamos con el a súa participación no "XVII Festival del Botillo en Cataluña" . Felicitámolo e coméntanos cousas relacionadas coa celebración dese gran Festival, novidades, novas instalacións en Barcelona, etcétera. Felicitámolo e ademais de desexarlle moitos éxitos agardamos poder saudalo persoalmente o vindeiro día 29 nesa celebración que organizan os Bercianos en Cataluña:
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas