Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

SÁBADO 27 de MAIO do 2023

Silvia Un sábado máis con todos vostedes, tentando levar adiante este programiño de dúas horas de Radio en Galego. Despois da nosa sintonía e das salutacións oportunas, ofrecémoslle un bocadiño de música para recibir a primeira convidada de hoxe, que é dona SILVIA CASTAÑEDA , Presidenta da Asociación Cultural Galega "Irmanda Galega de Rubí" . Parabenizámola pola celebración da Festa que tivo lugar a fin de semana pasada. Coméntanos a relación dos Premiados no "VI Certame Literario de RELATO CURTO", e que corresponden aos seguintes: Categoría A (Infantil de 6 a 121 anos) María Victoria Brown, coa historia "Mi arbol de moras". Categoría B (de 12 a 18 anos) Rita Cano Mayorga, coa historia "Mirada y sonrisas". Categoría C (Adultos en castelçan) Raquel Ugarriza coa historia "Caído del cielo". E Categoría D (Adultos en galego) Euloxio Fernández, coa historia "Cuestións Filosóficas". Tamén nos comenta cómo foi esa Festa do Pulpo do

SÁBADO 20 de MAIO do 2023

Rogelio Santos Queiruga Unha nova entrega deste programa de dúas horas en galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e ofrecémoslle unha peciña musical para conectar con Galicia e falar con ROGELIO SANTOS QUEIRUGA , un mariñeiro e grande comunicador que nos enche de satisfacción saudalo. Coméntanos algunhas cousas relacionadas co medio en que se desenvolve a súa laboura no mar. Fálanos das actividades e accións que están a desenvolver para reclamar que se poida resolver o asunto da Mina de Sanfinx, que ten moito que ver coa morea de escombros e basura que pode chegar a contaminar (e moito) a Ría de Noia e Muros. Estaba a explicarnos a súa tarefa e de repente tivemos un APAGÓN, que nos deixou sen poder emitir o programa. Aquí podedes escoitar o asunto tal e como aconteceu. Faremos o posible por conectar con el noutra ocasión e ampliar minuciosamente esas informacións. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe no noso programa, que se interrumpíu pola falta de luz. Despois do reinicio

SÁBADO 13 de MAIO do 2023

Melania e Zaza Guiomar Comezamos unha nova emisión coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións oportunas escoitamos un bocadiño de música para e con ela recibimos a primeira convidada, MELANIA P. CRUZ , unha grande actriz luguesa, a quen saudamos cordialmente e parabenizámola por ter acadado o Premio da Cultura Galega na especialidade de Artes Escénicas . Ten unha traxectoria profesional moi extensa. Mantemos unha conversa moi amena e distendida. Fainos saber que pronto comezará unha xira de interpretación Teatral coa obra "Continente María" , sobre María Casares, dirixida por  Tito Asorey, e que a levarán a Madrid e a Colombia a partir do mes de xuño. Ten recibido moitos Premios, o de María Casares concretamente,  gañadora en varias ocasións do Mestre Mateos e do FICBUEU. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos. A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que n

SÁBADO 6 de MAIO do 2023

Outra emisión máis do "Semprengalicia". Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións ofrecémoslle escoitar unha peza musical que nos acaba de chegar. Titúlase "Aire" das Tanxugueiras. Servirá para darlle paso ao noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que nos ten preparada a súa crónica semanal escollida dentro das noticias que se poden ampliar na páxina  quepasanacosta.gal . Agradecémoslle a súa aportación semanal. Continuamos o programa e poñémonos en contacto con MARISOL PALOMO , compoñente do Grupo Musical IALMA , de Bélxica, que están a realizar unha xira de concertos en Galicia: Ialma canta a Rosalía na Semana das Letras Galegas . Estarán en Salvaterra de Miño, na celebración da Festa da Semaneteira, o día 13 de maio. O día 14 en Cambados, o día 16 en Verin e o 17 en Ferrol (no Auditorio Jofre). Mantemos unha conversa moi amena e enriquecedora. Fálanos do Grupo, dos moitos concertos que teñen realizado ao longo da súa traxecto