Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2008

Tempada 2008-09 : Segundo Programa

Comezamos o programa conectando con " Xacobe "(Manuel para os amigos) que é o mantedor da páxina da "Aldea de CORO", que coñecimos ao traveso de Kike de Vidal. Unha conversa amena que nos serviu para saber algo máis do val de RAO, dos Ancares. Púxonos ao día das novidades que se suceden nesa belida zona galega. Realizaron a prometida viaxe polo Val con máis de 25 persoas achegándose aos altos máis destacados desa paraxe e finalizando en Coro cunha cea-xuntanza de confraternidade con productos da zona e cancións populares. Comentamos a posibilidade da estrea desa "Valse" composto por Kike adicado a eses vales tan feiticeiros, e tentar poñerlle letra aproveitando a colaboración e creatividade de "Rositas" . Soubemos da participación, nesa páxina da Aldea de Coro, de moitas persoas con certo interese e destacadas no ambito social, e como non a colaboración da "Lagarta" que envía unha serie de "Contos dos Ancares", e á que convid

TEMPADA 2008-09 : Primeiro programa

Comezamos unha nova tempada con moitos azos e ganas de levar adiante unha tarefa engaiolante, para nós e para os que participan con nós. Non temos constancia de que tiveramos moita audiencia, non só pola retransmisión deportiva do mediático campión mundial de tenis Nadal, senón porque ademais encetamos algo máis adiantados que noutras tempadas. De tódolos xeitos moi ilusionados e con moitas ganas de cumprir os desexos de tódolos nosos oíntes. BENVIDOS a tódolos que nos escoitades e a tódalas novas incorporacións. Primeiro conectamos con Xosé Carlos , para que nos dera información das novidades e proxectos para esta nova andaina. Falounos do inmediato, AS XORNADAS CULTURAIS de Rosalía de Castro, no vindeiro mes de outubro, xa cáseque pechadas con tódolos eventos medio contratados, con agradables sorpresas para tódolos que se acheguen a compartir connosco ese tempo de mostra cultural galega en Cornellà. Tamén nos adiantou que pensa estar na Feira internacional de "TERMATALIA"