Nesta ocasión, despois da sintonía do programa, coma sempre, con música de Cristina Pato, dámoslle a benvida a tódolos oíntes poñendo unha peza de musica para convidar a tódolos oíntes a que participen con nosoutros e que nos soliciten, se así o desexan, algunha das pezas que temos na nosa biblioteca discográfica. Temos a chamada dun dos nosos máis asíduos oíntes, o "tocaio Xulio", que nos pide unha peza de calquera banda de música galega. Compracémolo e pasamos á nosa primeira comunicación con Juan , o presidente do Centro Agarimos de Badalona , que nos pon ao corrente da "festa do polbo" que celebraron o sábado pasado no sede do Centro, na rúa París de Badalona. Despois dámoslle as nosas felicitacións a Mario Senén , Presidente da Asociación Saudade de Barcelona , pola publicación que acaban de facer da moi coidada revista do Centro. Indícanos que seguen a traballar e facendo cousas para que tódolos galegos, e non galegos, que desexen achegarse á rúa Chapi, 18-2
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas