Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

Ultimo programa do 2020. SÁBADO 19-12-2020

Comezamos o programa dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Poñemos un bocadiño de música para conectar con Galicia, concretamente con Vigo para falar con don LUÍS, Xerente da Empresa "Don CAMARÓN" . Dámoslle a ben-vida e agradecémoslle que nos conceda esta pequena entrevista-conversa, para ofrecerlles aos nosos oíntes e seguidores unha fórmula axeitada para poder solicitarlle e mercar marisco e peixe galegos de primeira calidade. Na súa páxina poden comprobar tódolos productos que ofrecen e tamén a mellor maneira de adquirilos e que cheguen as nosas casas con tódalas garantías e coa celeridade axeitada para este Nadal. ¡Moitas Grazas, don Luís! e Boas Festas. Escoitamos a peza "Noite de Paz", unha fermosa interpretación de María do Ceo , que lle-la adicamos á seguinte convidada: ANDREA FERNANDEZ MANEIRO , escritora e poeta, con quen mantemos unha conversa-entrevista moi amena. Parabenizámola porque ven de recibir o Premio do "IX Certame de P

SÁBADO 12 de DECEMBRO do 2020

A emisión de hoxe comezámola conectando con Galicia para falar con dona MARTA CASTRO da Adega Familiar: LAGAR DE PINTOS . Saudámola e dámoslle a ben-vinda ao noso humilde programa e dispoñémonos a coñecer un pouco máis esta A dega situada no SALNÉS. Teñen varias marcas dese viño con D.O. Albariño e comercializan varias calidades e viños. Mantemos unha conversa-entrevista moi interesante falando dos seus viños e aos nosos oíntes convidámolos a que se acheguen a súa páxina para que poidan contemplalos e mercalos, grazas ao servizo que ofrecen vía Internet. Teñen historia dabondo para consideralos de moito de interese. Agradecémoslle a súa participación. Depois de escoitar outro bocadiño de música, voltamos novamente a conectarnos con Galicia, para recibir a dona BERTA DÁVILA , que ven de recibir o XIV Premio de Narrativa Breve Repsol, pola súa novela "Illa Decepción" . Tamén a felicitamos por ter acadado o Premio da Crítica española na modalidade de narrativa en Língua Galeg

SÁBADO 5 de DECEMBRO do 2020

 Comezamos o programa ofrecéndolles unha peciña de música, despois de saudar aos compoñentes do equipo e a continuación dámoslle a ben-vinda a dona MARIA ALVAREZ MARTÍNEZ (Masha Raskolnikova) , que ven de acadar o 3º Premio do XXXIV Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà . Saudámola e parabenizámola porque ademais está a celebrar o seu aniversario. Comentamos parte da súa traxectoria e fainos un pequeno percorrido polo traballo que foi premiado. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que acade moitos máis éxitos. A segunda intervención-entrevista é con Pedro Fariñas , compoñente (guitarrista concretamente) do Grupo Folk "CALDO" , que tamén veñen de recibir o 1º Premio no Concurso "Fran Pérez", Narf. Felicitámolos e coméntanos un chisco da súa traxectoria e dos proxectos que teñen previstos dagora en adiante. Agradecémoslle a participación no programa de hoxe e tamén lles desexamos moitos éxitos. Continuamos o programa conectando novamente con