Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2009

Programa do 27 de XUÑO do 2009

Ultimo programa desta tempada. Denantes de nada aquí tedes os números e os agraciados finais do Concurso: nº 014. Vicente Maza. " Hotel-Spa Santa Mariña da Ponte " nº 010. Ceip. Coirón. " Xanela da Lúa ". nº 004. Chousa de Alcandra. " Mirador da Ribeira ". nº 027. Artabria. " Hotel Vila de Viana . nº 093. Eva C.Grande. " Hotel O Retorno ". nº 048. Serxio Seoane. " V.R. Rosalía ". nº 019. Carlos Sousa. " V.R. A Nosa Casa-Restaurante ". ¡¡¡ MOITA SORTE A TODOS ELES !!! Comezmos o programa dando a coñecer as propostas para estas dúas horiñas de radio en galegio dándolle a ben-vida a Antonio Díaz , colaborador, corresponsal de Galicia no Mundo e Director da revista "Lúa Nova". A primeira peza de música pertence ao ultimo disco de Carlos Núñez, así como un corte coas súas verbas falando do seu disco: "Alborada de Brasil". A nosa primeira comunicación é con Toñi, a responsable do "Hotel O Retorno"

Programa do 20 de xuño 2009

Comezamos o programa de hoxe cunha peza de música galega tradicional: A muiñeira de Chantada, pero interpretada coa guitarra e adiantámoslle aos nosos oíntes tódolos acontecementos que desexamos levar adiante nestas dúas horiñas de Radio en Galego. Primeiro damos a coñecer algunhas das noticias que nos chegan á nosa Redacción e deseguida conectamos coa directora do grupo de Teatro "Anduriña", da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro", que foi agraciada cunha fin de semana gratuíta nunha das Casas Rurais sorteadas a fin de semana pasada, dona AMELIA LÓPEZ , e que nos dice que non poderá aceptar tal agasallo por mor de certos inconvenientes familiares, así que tedes que estar atentos tódolos participantes, xa que temos que extraer VARIOS números dos que non resultaron agraciados para pode disfrutar deses premios. A segunda comunicación-entrevista é con XURXO Cerdeira Louro , Historiador do Concello de Vedra , que nos fai un pormenorizado percorrido da súa inv

DESPOIS DO SORTEO

Estou a recibir correos de felicitación e de agradecemento por este traballiño que levamos adiante gracias ao noso equipo (Serxio, Antonio e Marc) e a varias persoas alleas á nosa Entidade, que desinteresadamente nos axudaron e participaron connosco. Teño que facelo público e agradecelo persoalmente: Se non fora por Xosé Luís (Chousa da Alcandra), Mireia -a nosa directora- por Domingo, Toñi, Carmen, Narciso, Matías, Lisardo, X.Antonio Dacuña, Pedro e mais Paco Glez., eu non sería capaz de conseguir o que fixemos. Síntome moi falagado cos agradecementos, pero son eu o que teño que agradecer persoalmente a vosa desinteresada aportació n sen a cal non seriamos capaces de acadar este éxito da nosa radio “ Sempre en Galicia ”, que tamén é unha boa parte vosa, oíntes e seguidores fieis. Despois do Sorteo, no fermoso Parque de Can Mercader, tendo como testigos a tódolos asistentes, teño que dicir que síntome falagado e moi contento co resultado acadado. Despois de recapacitar e facer un s

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.