Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2013

SABADO 23 de MARZO do 2013

ULTIMO PROGRAMA denantes da SEMANA SANTA. Comezamos dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores así como ao noso Técnico MARC FORT, e ao noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ. Adiantámoslles un chisco as cousas que tentaremos levar adiante no programa de hoxe e deseguida conectamos con Galicia para falarmos con noso correspondente na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio desta semana: MANUEL RIVERO , un colaborador moi importante na nosa labor de difundir e transmitir as inquedanzas relacionadas coa nosa Terra Galega. Na segunda hora, coma sempre, conectamos coas Rías Baixas, Combarro concretamente, onde se atopa o noso asíduo colaborador XULIO SIMÓN , que sempre escolle noticias moi interesantes relacionadas coa Cultura Galega e que sempre acompaña con interesantísimas aportacións poéticas e outras investigacións importantisimas relacionadas co tema escollido por el.  Tamén aproveitamos para falarmos con dona  AMELIA LÓPEZ , a nosa Direct
16 de MARZO do 2013 Outro sábado tentando ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores e adiantámoslles que teremos un programiña algo "recortado" por mor da nosa asistencia á Conferencia: "A muller e o Teatro", que organiza a A.C.G.Rosalía de Castro , con motivo da celebración do DÍA da DONA. Un acto máis dos que veñen realizando xunto co "Consell de la dona de Cornellà". Nos estudios, conmigo ARMANDO FERNÁNDEZ , e nos controis técnicos MARC FORT.  Escoitamos unha peza de música e conectamos con Galicia. Alá, na Baixa Limia, recíbenos o noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio desta semana: don ANTONIO SIMOES , Cociñeiro e propietario do Restaurante HABANA 83 , en Ourense, que ven de recibir o PRATO DE OURO no 14 SALON DE GASTRONOMÍA E TURISMO, XANTAR - 2013 . Unha entrevista que nos achega algo máis a un dos personaxes   grandes da cociña gallega.

SABADO 9 de MARZO do 2013

Un novo programiña de dúas horas en língua galega, para tódolos nosos seguidores e amigos. Comezamos dándolles a ben-vinda e animándoos a que participen connosco mediante os teléfonos habituais, no correo electrónico ou no facebook. Hoxe teremos sorpresas agradables e interesantes. A primeira conexión, como cada semana é coa BAIXA LIMIA, para falarmos con XOSÉ LAMELA , o noso correspondente que sempre nos ten preparada unha comunicación moi interesante con algún personaxe interesante. Nesta ocasión queriamos falar con MANUEL RIVERO , pero como a comunicación telefónica non é moi doada (ven de viaxe polas terras de Astorga e Ponferrada), tan só podemos falar dalgunha cousa relacionada coa posible charla con este tertuliano. Noutra ocasión será e seguro que disfrutaremos da sabenza deste grande personaxe daquelas terras Ourensanas. Recibimos nos estudios a CONCHITA e HERMITAS , socias da A.C.G.ROSALÍA DE CASTRO , que nos veñen a confirmar o convite á Conferencia que se real

Programa do 23 de FEBREIRO, pasado

Dirixe o programa de hoxe ARMANDO FERNÁNDEZ . Nos controis técnicos MAR FORT , como cada semana. E comeza coa primeira comunicación-conversa habitual dende Galicia, concretamente con XOSÉ LAMELA , na BAIXA LIMIA. Sempre nos axuda e danos unha visión moi especial daquel entorno tan feiticeiro. Recibimos nos estudios a HERMITAS, PAQUITA e ROSARIO, socias da A.C.G.ROSALÍA DE CASTRO , que nos veñen a informar dos actos previstos para celebrar o " Día de la DONA ", organizado pola comisión de donas da Entidade.  Falamos con DAVID AMOR , un Actor e Monologuista galego que ten previsto actuar proximamente en Barcelona... Despedimos ás nosas amigas e socias para darlle a ben-vinda a XULIO SIMÓN , o noso colaborador nas RÍAS BAIXAS, para disfrutar das escollas informativas que nos ten preparadas. A vindeira semana non poderemos realizar o programa en directo, así que vos ofreceremos unha "recensión-resumo" dalgunhas cousas que escolleremos para qu