Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

SÁBADO 26 de MARZO do 2022

Antía Muiño Sánchez Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións de costume ofrecémoslle unha peza de música para recibir a nosa primeira convidada: ANTÍA MUIÑO SÁNCHEZ . Saudámola e comentamos con ela parte da súa traxectoria como cantautora. Felicitámola porque foi convidada por Xabier Día z para participar no seu próximo CD que levará por título "Levantarse e caer" . Coméntanos que está a preparar a grabación dun seu CD con cancións da súa autoría e na que contará con colaboracións musicais moi importantes. Desexámoslle moitos éxitos e comprometémonos a falar con ela para sermos primicia en Cataluña cando teña xa preparado ese seu próximo traballo musical. CHEF Xosé Carlos Conectamos novamente con Galicia para falarmos con XOSÉ CARLOS GÓMEZ , CHEF do PAZO de TOUBES . Buque insignia da Adega "Viña Costeira". Un Pazo do século XVIII, no medio da natureza e rodeado de viñas, situado en Cenlle, cuna do Ribeiro. Un lugar excepcional para poder rea

SÁBADO 19 de MARZO do 2022

Neste día do San Xosé comezamos, como cada semana coa nosa sintonía, dándolles a ben-vida e agradecéndolles a súa escoita. Poñemos un bocadiño de música e conectamos coa nosa primeira convidada. É a segunda vez que contactamos coa científica galega SONIA VILLAPOL , Neurocientífica, Investigadora no Medical Center de Houston,  integrante dun grupo de científicos de 28 Institucións punteiras no mundo da investigación do Covid-19. Agradecémoslle a súa atención e recibimos unha pequena lección de cómo debemos atender a actual situación desa pandemia que aínda non acabou e que temos que seguir atendendo con moito "sentidiño". Fálanos da covid persistente. Moi importante e moi a ter en conta polas consecuencias e polas secuelas. Felicitámola polo seu traballo e seguiremos "incomodándoa" para que nos siga informando. ¡Moitísimas grazas, Sonia! A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSKAR da FONTIÑA coa súa crónica semanal. Importante aportac

SÁBADO 12 de MARZO do 2022

Outro sábado máis con todos vosoutros, para ofrecervos dúas horiñas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e ofrecémosvos unha peciña de música para conectar co noso correspondente na Costa da Morte, Oskar da Fontiña , que nos envía a súa crónica semanal. Coma sempre, xa sabedes, que podedes ampliar as súas noticias na páxina quepasanacosta.gal . Despois conectamos novamente con Galicia para falarmos con Josinho Araujo Pérez , escritor galego que ven de presentar unha novela de moito interese, que leva por título "Memorias dun exgalego" . Fálanos da súa novela, chea de retranca e picaresca galega. Unha obra que ten moita importancia polo moito que aporta ao emprego do noso idioma galego, ao noso entender, claro. Prometémonos lela e despois comentar co propio autor o desenvolmento e a trama da mesma. Desexámoslle moitos éxitos. Continuamos a nosa emisión voltando novamente, nesta ocasión a Pontevedra, para saudarmos a Ana Santos Solla , que pertence a ese c

SÁBADO 5 de MARZO do 2022

Unha nova emisión de "Semprengalicia" con ganas de que poidamos seguir aprendendo algo máis e disfrutar de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, poñemos unha peza e conectamos con Galicia para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, Oskar da Fontiña . Fai un resumo das noticias máis interesantes, pero aproveitamos para indicarlles que poden ampliar estas informacións visitando a páxina quepasanacosta.gal . Agradecémoslle a súa aportación semanal, da que nos fai partícipes e despedímolo desexándolle unha feliz semana. Oscar Reboiras A segunda intervención, é convidado Oscar Reboiras Loureiro , periodista e escritor de Rianxo que ven de recibir o II Premio de Novela da Galicia Rural , que lle otorgou o Concello de San Xoan de Río . Recíbenos moi atentamente e parabenizámolo polo Premio. Fálanos un bocadiño do seu contido, concrétanos que é unha novela negra, da súa escrita, e axúdanos a coñecer un pouco máis cómo foi o proces