Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

SÁBADO 24 de Novembro do 2018

Un programiña máis con todos vostedes. Hoxe teremos nos estudios a visita dos compoñentes do Xurado do "XXXII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà" . Despois das salutacións de benvida, escoitamos unha peciña musical, para darlle entrada e saudar a Xosé Lamela que ademáis de colaborador da nosa emisión tamén é Vogal do Xurado antes mencionado. Despois entran nos estudos o resto dos componentes; Armando Requeixo (Presidente do Xurado), Miriam Ferradans (Vicepresidenta), e Xulio Simón (Vocal). Tamén nos acompañan Xavi e Luís. ¡Ben vidos! Comentamos un chisco as impresións que teñen sobre este Certame, as deliberacións, a participación e nivel dos aspirantes... etcétera. Armando Requeixo impartirá unha Conferencia na Sé da Entidade baixo o título: A Irmandade Literaria Galego-Catalana , entón despedímonos de tódolos oíntes e queda con todos vosoutros Armando Fernández. Continuando co programa conecta con Kike de Navia , para que lle informe dalgunha cousa

Sábado 17 de Novembro do 2018

Comezamos outro programa máis, con todos vosoutros, ofrecéndolles escoitar pezas do 5º CD da Orquestra de Folk"Son de Seu" , que leva por título "BEIRALUA" , e que nos serve para poñernos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, José Lamela Bautista . Hoxe atópase en Montealegre, axudando á presentación do libro: "Couto Mixto. Aspectos Folclóricos" , do amigo etnólogo José Rodríguez Cruz , do que nos falou a semana pasada concretamente neste noso programa. Preséntanos a don Xosé González Martínez , con quen mantemos unha conversa moi enriquecedora e con informacións varias sobre algunhas actividades moi importantes, relacionadas co noso idioma galego, así como a celebración dunha homenaxe que se lle vai tributar a Chano Piñeiro a vindeira fin de semana en Vigo. Despois de escoitar novamente unha peza do CD mencionado ao principio (Beiralúa) conectamos novamente con Galicia, nesta ocasión con Quintela do Pando, un pobiño do Concello de Vian

SÁBADO 10 de NOVEMBRO do 2018

Un programiña máis, con todos vosoutros. Comezamos escoitando unha peza do CD que leva por título "As Cantigas de Elena" , e conectamos co noso correspondente na Baixa Limia J osé Lamela Bautista , que ten preparada a conversa cun convidado especial don José Rodríguez Cruz , etnógrafo e grande coñecedor do patrimonio galego e moi en concreto do Couto Mixto. Falamos da próxima presentación, a vindeira fin de semana en Montalegre, dun seu libro "O Couto Mixto: Aspectos folcloricos", de Edicións Laiovento. E finaliza a súa intervención felicitándonos pola aprovación no Senado da proposta presentada por García Mañá, coa que se pretende declarar O Couto Mixto como Patrimonio Inmaterial. Ogallá se vexan cumpridos eses anceios.  A segunda intervención é a de dona María XESÚS LAMA , a nosa amiga e Profesora da Universidade de Barcelona, á que saudamos e felicitamos públicamente por ter acadado o Premio Nacional de Ensaio, pola súa obra: Rosalía, Cantos de independen

SÁBADO 03 de NOVEMBRO do 2018

Novamente con todos vosoutros para ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos saudándoos e escoitando unha peza do ultimo CD "1952"de TANXEDORAS , para conectar co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista , que nos presenta ao convidado desta semana don VICTOR PAZ , Periodista e gran coñecedor das Terras da Raia. Unha conversa que nos fai coñecer un pouco máis os inicios e percorrido da "Saga LUSITANO " de Lobios. Agradecémoslle a súa colaboración e prometémonos voltar a comunicarnos con el para que nos ilustre co seus coñecementos. A seguinte comunicación é con Manolo Barcia e Alfonso M Martin, de ASOBECAT , que nos informan e convidan a participar da celebración do "Magosto Berciano" no Restaurante-Masía "Can MAURI" con cea composta dun menú especial que inclúe aperitivo, primeiro prato, segundo prato, pastel, viño, augas minerais, cervexa e refrescos, castañas de parede (de Noceda do Bierzo), café, infu