Ultimo programa da tempada que comezamos escoitando unha peza do Grupo ZURRUMALLA , para conectarmos directamente coa Baixa Limia para falarmos co noso correspondente XOSÉ LAMELA , que nos pon ao corrente de varias noticias relacionadas con algunhas das recentes celebracións na zona , así como da próxima entrega dos Xuíces Honorarios do COUTO MIXTO . Desexámoslle que pase un feliz verán. Despois falamos con SANTIAGO LORENZO SUEIRO , que nos informa da publicación do seu libro: O REINO SUEWO (SUEVO) DE GALLAECIA, do que se atopa moi satisfeito, non só polas felicitacións recibidas senón tamén pola presentación "fabulosa" que lle fixeron en Madrid (concretamente na CASA de GALICIA ). Informounos da próxima presentación en AGARIMOS, de Badalona o vindeiro día 8 de XULLO. Novamente conectamos con Galicia, concretamente con Portomarín, para falar con RUBEN , responsable do Restaurante O MIRADOR, que tamén é Albergue no Camiño de Santiago. Confírmanos da recente ina
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas