Comezamos o programa coa nosa sintonía de sempre e dándolles a ben-viinda. Recibimos nos estudos virtuais a Suso Díaz , escritor e poeta de quen nos consideramos amigo e por outra parte grande colaborador das nosas inquedanzas e participativo en todo o que lle propoñemos. Falamos desa publicación que nos fixo chegar Manuel Rivero Pérez : "A Maldición do Encoro" . Un acontecemento moi relevante da nosa historia de Galicia e moi concretamente da Baixa Limia, xa que se centra no Encoro das Conchas, en Bande. Comentamos algunhas cousas moi ben relatadas nese libro que constitúe unha documentación moi detallada que servirá, coidamos nós, para axudar a comprender moitas cousas das que aconteceron, aos nosos sucesores, ás seguintes xeracións. Interrumpimos a charla para saudar moi cordialmente a TERESA MACEDO , unha Profesora e escritora portuguesa, concretamente de Guimaraes, que nos recibe moi amablemente e que presentamos como a persoa que teremos como colaboradora nos nosos p
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas