O segundo programa desta nova tempada tivemos a compañía, en directo, de moitísimas persoas que nos escoitaban mediante Internet. Teño que dárvo-las gracias a tódolos que participástedes e moi particularm ente a Luís Ares , compoñente do grupo " Alann Bique ", con quen mantivemos unha conversa moi entretida falando das súas aportacións á nosa cultura musical galega. Tamén compracemos a petición dun asíduo oínte que nos demandou, hai tempo, que falaramos coa " Confitería Luísa " , de Alariz, para que nos dera as súas opinións sobre os famosísimos Almendrad os, e que ela fabrica dende hai moito tempo. Estivemos a falar con " Chusa ", a súa filla, quen convidou a tódolos oíntes a probar os doces que fabrican naquela confitería, e que poden demandárllelos telefónicamente tamén, que seguro quedarán contentos do seu encargo. Na segunda hora fixemos un percorrido por algunhas das moitas noticias que nos chegan á redacción. Falamos da próxima Festa de San Froilán-
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas