Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

SÁBADO 24 de FEBREIRO do 2024

Óscar Rey Un sábado máis con todos vosoutros. Dúas horas de Radio en Galego para informarvos e dar a coñecer algunhas novidades interesantes. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, ÓSCAR REY CALO , que sempre ten preparada a súa crónica semanal moi acaída. É un resumo das novidades e informacións acontecidas naquela contorna, que todos os nosos oíntes e seguidores poden ampliar, como sempre lles informamos, na excelente páxina quepasanacosta.gal . Tamén nos lembra que este noso programa volve a re-emitirse en Radio Roncudo mañá, domingo a partir das 10h da mañá. Agradecémosllelo e desexamos que teña unha feliz semana. A continuación dámoslles a coñecer unha serie de actividades que ten previsto realizar a nosa Entidade: A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà , que comeza coa celebración da Asemblea Xeral prevista para esta mesma tarde a partir das 19h, na Sé. Despois a celebración do "Día d

SÁBADO 17 de FEBREIRO do 2024

Oscar REY Un sábado máis con todos vosoutros. Hoxe temos que disculpar a ausencia do noso compañeiro Armando, por mor dunha pequena indisposición persoal. Despois da sintonía de sempre e as salutacións oportunas, escoitamos un bocadiño de música e deseguida nos poñemos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que nos envía o seu resúme semanal referido aos aconteceres máis interesantes daquela contorna. Xa saben que se poden ampliar estas informacións na páxina quepasanacosta.gal e tamén voltamos a lembrar que mañá, a partir das dez da mañá, voltará a emitirse este noso "Semprengalicia" en Radio Roncudo. Despedímolo dándolle as grazas pola súa aportación e desándolle unha feliz semana. Xoan Arco da Vella A continuación poñémonos en contacto con XOAN ARCO DA VELLA , que nos ten preparada unha disertación moi interesante relacionada cos "Chozos", na zona da Serra do Suído. Este nome ten moita similitude coa palabra que tamén empregan nas m

SÁBADO 10 de FEBREIRO do 2024

Un sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, os saudos de rigor e un bocadiño de música para recibir a RAKEL ÁLVARE Z, da Asociación C.G. Airiños da Nosa Galicia , en Santa Coloma de Gramenet. Saudámola e felicitámola porque acabamos de recibir unha fotografía co seu fillo disfrazado de "Follateiro", unha fermosa tradición que se recuperou e se conserva aínda en Lobios e os seus arredores. Unha iniciativa estupenda, para dar a coñecer algo moi importante na celebración do Entroido en Galicia e que se convirte na primeira mostra dun traballo moi escrupuloso e fermosísimo, por primeira vez en Cataluña. Tamén falamos do Restaurante do Centro, que hoxe celebran a Festa do Entroido con moitas e importantes solicitudes para degustar os manxares de primeira calidade que se servirán. Agradecémoslle a súa amable atención e participación.   Continuamos o programa e conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que nos ten preparada a súa cr

SÁBADO 3 de FEBREIRO do 2024

Un programa máis desta nosa emisión en galego, con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e dándolle a ben-vinda a dona YOLANDA DÍAZ GALLEGO , que nos agasalla coa súa presencia nos estudos. Escoitamos un bocadiño de música e de seguida encetamos a emisión. É unha honra e un placer poder contar coa visita de dona Yolanda. Acaba de publicar un libro que leva por título: "DECIDÍN DESVELAR O PROCESO. Na galeguidade asentouse o compromiso Acción e evolución no Uruguai, 1954-1978" . Teremos que ler con detenemento este libro que seguro contén un morea de documentación e información pouco coñecida e que seguro servirá para que os interesados poidan decubrir moitas cousas importantes relacionada coa emigración nas Américas. Fainos partícipe de algunhas e interesantes anécdotas que se recollen no libro e adubiamos a conversa con algunha peza musical. Seguimos a conversar con dona Yolanda falando da súa traxectoria persoal e tan interesante, q