Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

SÁBADO 26 de MAIO do 2018

Outra emisión de dúas horiñas en galego, que comezamos dándolles a ben-vida e saudando ao noso Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro -Oliver Fernández-, que nos visita. Despois de escoitar un bocadiño de música, conectamos en primeiro lugar co noso correspondente na Baixa Limia, José Lamela Bautista , que ten como convidado ao eminente hematólogo FIZ CAMPOY , cos que mantemos unha conversa-entrevista moi ilustradora e chea de ensino no ámbito das investigacions relacionadas coa profisión de don FIZ. Agradecémoslles as súas colaboracións no programa de hoxe. A segunda conversa é con dona SILVIA CASTAÑEDA , Presidenta da "Irmandade Galega de Rubí" , que nos pon ao corrente da celebración da "Festa das Letras Galegas" e degustación de pulpo, xunto coa mostra de bailes tradicionais e rexionais, ademais do Concerto que fixeron onte o Grupo "Val das Mouras". Tamén nos falou da entrega de Premios aos gañadores das tres categorías do "IIº Certame de Relat

SÁBADO 19 de MAIO do 2018

Unha semaniña máis con todos vostedes. Hoxe temos a visita de Manoel Carrete , que ven acompañado de moitos amigos. Agradecémoslle a súa amable atención. Como cada semana aquí vos deixamos o "link" para que poidades vernos e escoitarnos en directo: https://www.facebook.com/SemprenGalicia/videos/1697283797017813/ Conectamos con Galicia para falarmos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nos ten preparada a participación de don MARCOS MACEIRA , Presidente da Mesa pola Normalización  Lingüística , que nos falan da celebración da "Letras Galegas en Santiago" e doutras reivindicacións arredor da nosa lingua galega. Xulio remata a súa intervención cunha pequena alusión a María Victoria Moreno, homenaxeada das Letras este ano. Aproveitamos a presenza de MANOEL CARRETE nos estudos e agradecémoslle a súa presencia a sí como a súa participación neste noso programa. Fálanos da súa presenza na celebración das Letras Galegas no Saló de Cent, preséntanos

SÁBADO 12 de MAIO do 2018

Comezamos un programiña máis con todos vostedes dándolles a ben-vida e desexando pasen connosco dúas horiñas de radio en galego, entretidas e interesantes. Aquí podedes escoitar o programa en directo, e vernos nos estudos: "Semprengalicia" .  A primeira comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, don Xosé Lamela Bautista que nesta ocasión tennos preparada a intervención, como convidado a don FRANCISCO JOSÉ FRAGA CIVEIRA , portavoz da oposición na Deputación de Ourense. Comezamos falando da Demografía e repasamos varios aspectos da situación social e actual naquelas contornas. Agradecémoslles a súa aportación na emisión de hoxe, e prometémonos voltar a comunicarnos, en vindeiras datas, para que nos sigan informando e ilustrando sobre tantas cousas interesantes. A segunda intervención é a da nosa moi estimada colaboradora TAMARA ANDRÉS , que se encarga da sección "No ESTRELAMPAR" . Felicitámola pola laboura que está a facer nese "Combarro Li

SÁBADO 5 DE MAIO DO 2018

Un sábado máis con todos vosoutros para tentar ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Xa sabedes que podedes escoitarnos e "vernos" en directo no seguinte enderezo de facebook: "Semprengalicia" . A primeira comunicación é coa Baixa Limia, para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA , que nos ten preparada a participación de don LUÍS GARCÍA MAÑÁ . Falamos en primeiro lugar do seu libro: Por que as sombras non teñen ollos. E despois continuamos a conversa-entrevista comentando outras cousas moi interesantes. A segunda intervención é a dese grande escritor, profesor e crítico literariio ARMANDO REQUEIXO , que nos fala dese acontecemento, un acto que se está a celebrar no Pazo de San Roque en Compostela, tan interesante adicado a María Victoria, homenaxeada nas Letras Galegas deste ano, e do que nos fai partícipes. Graciñas Armando. Despois conectamos con don XOSE LUIS AXEITOS , a quen felicitamos públicamente por ter acadado o premio "Losada Diégu