Saltar ao contido principal

Sábado 04 de FEBREIRO do 2017

Comezamos o programa o equipo ao completo e con combidados de honra. Visítannos JUAN PEDRO  e AVELINO, da Asociación de Bercianos en Catalunya (ASOBECAT). Dámoslle a benvida e propoñe´moslles escoitar unha peciña musical. Comentamos brevemente o acontecemento previsto para a vindeira fin de semana: "XIV Festival del Botillo en Catalunya" que celebrarán os de ASOBECAT no Hotel Front Air de Sant Boi.

A primeira entrevista-conversa é con dona SUSANA, responsable de Cultura do Concello de CACABELOS, que nos informa do que teñen previsto amosar neste evento tan importantes dos Bercianos e Catalunya. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos saudarnos persoalmente o vindeiro sábado día 11, xunto co Sr.Alcalde de Cacabelos.

Falamos agora con don OSCAR RODRÍGUEZ, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia), que nos informa do "VIII Concurso de XOIAS de deseño para o día da NAI". Felicitámolo polos éxitos que estan acadando e compromtémonos voltar a falar con el para que nos comente os resultados deste interesante concurso.

Conversamos agora con SILVIA PARDO, responsable de comunicación do "XVIII XANTAR Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Ourense", do 1 ao 5 de febreiro. Comentamos con ela varios aspectos deste grande escaparate para o mundo. Este ano é un ano especial pola participación de máis dunha decena de países, xunto co país combidado Panamá. Os moitos aspectos e actividades que se ofrecen no Xantar, fan que teñan unha afluencia de público moi importante. Para nós é unha honra ser portavoces informativos e, case en exclusiva en Catalunya, deste acontecemento.

A seguinte conversa é co Director Comercial das Adegas GODELIA, Sr.Boris Golás de Antón, que nos informa da súa participación neste Festival do Botillo o vindeiro sábado, e tamén da traxectoria desa Adega tan importante nas terras do Bierzo.

Comentamos agora as actividades previstas para o venres vindiero día 10, no Centro Galego de Barcelona: Presentación do libro: Reino SWEVO (Suevo) de Gallaecia, de don Santiago Lorenzo Sueiro, con quen falamos para que nos informe, así como tamén da presentación da "Academia XACOBEA" na Asociación C.G.Rosalía de Castro por parte do seu Director, don Xesús Carlos Palmou Lorenzo, que tamén será o que falará na presentación do libro de Sueiro. Agradecémoslle a súa aportación.

Antes de finalizar comentamos algúns aspectos e acontecementos que están próximos a realizarse, como é o Entroido nas terras de Ourense, e prometémoslles contactar, en vindeiras datas, co noso colaborador don Xosé R.Cruz, grande etnólogo coñecedor destes asuntos tradicionais.

Despedímonos ate a vindeira semana, e desexamos que nos volvan a escoitar e sintonizar.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant