lunes, 13 de febrero de 2017

SÁBADO 11 de FEBREIRO do 2017

Comezamos o programa disculpando a presencia do noso compañeiro colaborador Xosé Lamela, por ter que atender a certas obrigas familiares.Os diversos actos que se están a realizar no noso entorno fan que non poidamos estar todo o equipo completo para levar adiante estas dúas horiñas de emisión en galego, pero tentaremos dar conta do recado. En primeiro lugar temos comunicación con XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, Etnólogo, escritor e investigador de A Gudiña, con quen xa temos falado en anteriores ocasións, pero hoxe fáisenos moi importante a súa aportación e colaboración xa que estamos pertos do ENTROIDO e semellóusenos lóxico conectar con el para que nos ilustrara coa súa abondosa documentación e informacións importantes da zona de Verrín e arredores; lugares raianos con Portugal, Zamora e Galicia, que teñen unha similitude moi presente nestas festas populares tan arraigadas nos nosos pobos ourensáns. 

Informacións interesantes referidas ao cantautor XIL RÍOS. O Concello de MOAÑA, nomea a Xil Rios como fillo predilecto.

Despois conectamos con OLIVER FERNÁNDEZ, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro que nos informa sobre as actividades previstas para hoxe mesmo (Conferencia-Presentación de "O Camiño de Santiago onte e hoxe") a cargo de don Xesús C.Palmou, ex conselleiro da Xunta de Galicia e Presidente da Academia Xacobea. Participación dos socios no Entroido da cidade, Xantar de Entroido para o día 26, Asemblea Xeral para día 4 de marzo, Día da dona para o día 11 de marzo, participación da Bada no Saint Patrick de New York os días 14 a 19 de marzo... ... 

Na segunda hora, conexión co noso correspondente XULIO SIMÓN, nas Rías Baixas, que sempre ten preparadas unha serie de informacións e comunicacións moi interesantes. 

 E acabamos a retransmisión conectando con PACO RIBAS, na Mariña Lucense, que nos ameniza a súa intervención con varias das súas creacións poéticas. 

 Desexamos que pasen unha feliz semana. Non deixen de sintonizarnos.

No hay comentarios: