sábado, 18 de febrero de 2017

SÁBADO 18 de febreiro do 2017

Comezamos o programiña de hoxe disculpando a ausencia de Laura Santos e Xosé Lamela, por certas obrigas persoais, que lles impiden asistir. aínda que non poderemos ofrecerlles as dúas horiñas de sempre, coidamos poder amenizalos coa nosa intervención e a dos colaboradores que seguro será do seu interese. En primeiro lugar escoitamos unha peciña musical da cantautora Sofía Espinheira, con quen tiñamos previsto falar, pero que non nos será posible, por mor de que o noso correspondente Xulio Simón atópase nun lugar que non ten demasiada cobertura... Outra vez será. Queda prometido.


Visita de Carlos, Paulo e Irea
Dámoslle a Ben-vinda a OLIVER Fernández que ven acompañado de socios e xente nova para visitarnos nos estudos. Graciñas a IREA, PAULO e CARLOS, que nos acompañarán un ratiño nesta emisión de hoxe. Despois dos saúdos de rigor, propoñémonos falar co Sr.Alcalde de Viana do Bolo, don SECUNDINO FERNÁNDEZ, que nos concede esta entrevista para comentar cousas relacionadas co Entroido daquela zona e da XLVII Festa da Androia que está considerada Festa de Interese Turístico Galego, do 16 de Febreiro ate o 1 de Marzo.¡Graciñas Sr.Alcalde!

Mantemos unha pequena conversa para dar información de varias actividades que ten previsto realizar a nosa A.C.G.Rosalía de Castro e despedímolos agradecéndolles esta visita sorpresa que tan amablemente nos dispensaron.

Falamos agora con MANOLO BARCIA, Vicepresidente de ASOBECAT, que moi brevemente nos fai unha pequena valoración do "XIV Festival do Botillo en Catalunya", e agradecémoslle a súa atención, prometéndonos voltar a conectar con el para seguirmos falando con máis detalles.

Despedímonos ate a vindeira semana, xa que, como dixemos ao comezo, temos que conectar co Deporte para retransmitir o encontro do Fútbol Club Cornella. Ate a vindeira semana. Que pasen unha semana moi feliz e non deixen de sintonizarnos.

No hay comentarios: