miércoles, 22 de junio de 2011

18 de xuño

Ultimo programa da Tempada 2010/11.
Comezamos, como cada fin de semana, saudando e dando a benvida a tódolos que nos sintonizan e seguen pola Internet. A primeira intervención é para propoñerlles que escoiten o tema 11 “Fendendo Achas” do primeiro disco de TALABARTE. E damos lectura a algunhas das noticias que comentaremos na edición de hoxe.
Seguidamente poñémonos en contacto con don ALFONSO RICO, o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, para convidarnos a asistir á “31 FESTA GALEGA en CAN MERCADER”, os días 23, 24, 25 e 26 de xuño. Poderán asistir a moitos e diversos espectáculos, así como tamén disfrutar coa degustación de moitos productos galegos de calidade que alí se ofrecen.


Conectamos con Xosé, un dos responsables do Restaurante “Os Galegos” de Granollers, que nos pon ao corrente da próxima “Festa Galega” que eles mesmos se encargaron de poñer en marcha e que se celebrará na cidade de Granollers o sábado día 17 de setembro. É a primeira vez que se fai este evento, unha experiencia moi nova xa que nesa localidade non existe ningún Centro Galego. Teñen todo moi ben organizado e contan poder ofrecer unha mosta da Cultura Galega moi digna e seguro que terá moito éxito, xa que a súa oferta gastronómica é moi abondosa e teñen moita experiencia nese eido. A mostra folclórica está garantizada, a música dunha orquestra de renome amenizará a Praza Porticada da vila, a degustación de polbo, lacón, cachelos, pan, viño con denominación de orixe… ectécetra tamén; tan só falta a asistencia de todos aqueles de sexen disfrutar dunha fin de semana gorentosa achegándonos a Granollers. Agradecémoslle a Xosé a súa participación e información detallada , e desexámoslles moitos éxitos.

Conectamos con Galicia, Combarro, onde se atopa Xulio Simón, que nos ten preparada a súa intervención para falarnos da celebración do día de Colón que están a realizar nesa localidade. Escoitamos con interese as cousas que nos ten preparadas.


Falamos con Xosé Carlos García, responsable de Cultura da A.C.G.Rosalía de Castro. Fálanos dos actos previstos en Can Mercader, e adiantanos parte do programa “semi-reservado” que nos falara o Presidente, Cea especial de hirmandade o sábado 25, con entrega de recoñecementos e premios a diversas personalidades relacionadas coa nosa Cultura: Responsables do programa “Sempre en Galicia” ; Luís Bahamonde Polo, Presidente do xornal Galicia en el Mundo; Amarelo de Castro - ex Secretario Xeral de Emigración -; Ferrán Bello - ex Director Xeral de Centres de Cultura de Catalunya -; Manolo Valdés - Director de Radio Tele Taxi -; Molt Honorable José Montilla - Ex President de la Generalitat.


Rematamos esta temporada 2010/11 con música galega. Sigan escoitando e sintonizando Radio Cornellà que pronto voltaremos a inaugurar o novo curso 2011/12, para ofrecerlles todo aquelo que sexa do seu interese. ¡Que pasen unhas BOAS VACACIÓNS e un Bo VERÁN!!! !!! !!! !!!

No hay comentarios: