viernes, 10 de junio de 2011

SABADO día 4 de xuño do 2011

Nesta fin de semana tivemos a ocasión de facer un programa un pouco máis entretido e comentado, gracias á participación de varios colaboradores. No comezo anunciamos as diferentes seccións que tiñamos previsto realizar: Noticias e Informacións diversas, chegadas á nosa Redacción, Comunicación-Conversa con SERXIO Seoane, chamamos a Xulio Simón, e tentamos conversar con Juan Manuel, o encargado de levar adiante o Restaurante "Sanatorio Monte Aloia" en Vigo. 

Así pois, despois da lectura dalgunhas novidades, conectamos con SERXIO SEOANE para que nos falara dos diferentes proxectos nos que está a traballar e das súas colaboracións e propostas para este verán, tal como a realización do concerto que fará Anxo Lorenzo en Castellón, a Festa Galega que se realizará en Granollers no mes de setembro, o envío que nos fixo do ultimo traballo de RIOBO, e que pronto teremos no noso programa para que os nosos oíntes poidan escoitalo...



A seguinte comunicación é con XULIO SIMÓN, como cada semana, para que nos fale da súa escolla especial. Fálanos dun achádego interesante sobre os textos máis antigos que se conservan de Eduardo Pondal, relacionados co "Banquete de Conxo"...

Conversamos agora con MANOLO VÁZQUEZ, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, para que nos informe das diferentes actividades e da Festa 21 edición "Galicia Avui-Galicia Hoxe", iniciouse co Pregón oficial de José Santamaría do Diari de Sabadell, e que veñen realizando cada ano no Parc Europa desa cidade. Agradecémoslle a súa participación no noso programa

Na parte final do noso programa poñemonos en contacto con JUAN MANUEL, reponsable do Restaurante "Sanatorio MONTE ALBA" de Vigo, que nos informa sobre as especialidades que sirve no seu local e convida aos nosos oíntes para que o visiten e poidan disfrutar das fermosas vistas das Illas Cíes, das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, que se poden contemplar dende as súas intalacións, ao tempo que se pode degustar o "peixe fresco" que sirven nese Restaurante que antes rexentaba dona Mabel, e que agasallou cunha degustación gratuita aos que participaron no "Sorteo do 24 aniversario da nosa emisión". Agradecémoslle a súa participación. Nun próximo programa tentaremos manter unha conversa con máis ampla.





A vindeira semana voltaremos estar aquí, con todos vosoutros, para tentar facer un programa entretido e que sexa do interese de todos vosoutros. Agardámosvos e desexamos a vosa participación.

No hay comentarios: