domingo, 8 de junio de 2008

SETE de XUÑO : Desta si que foi posible!!!




Desta hecha puidemos dar conta dun programiña entretido. A nosa porposta puido levarse a cabo coa maioría do noso deseño.

* Comezamos conectando con CELSA, a profesora de matemáticas nun instituto de San Joan d'Espí, pero que leva 6 anos impartindo clases de galego aos alumnos do seu colexio e non só con moitísimo éxito senón que ademais fan intercambios anuais con diferentes colexios de Galicia que tamén imparten catalán aló. Forman parte do proxecto Galauda, os seus alumnos participaron no concurso anual da Universidad Autónoma de Barcelona "Contos do Mediterráneo" e unha aventaxada alumna, Ana concretamente, foi agasallada cun accésit neste certame. Escoitamos declamar a composición á nosa benquerida compañeira Celsa.

* No apartado de músicas tivemos intervencións diversas, ata unha dedicatoria para un dos rapaces - fillo ou neto socio de ACG.Rosalía de Castro - que facía a súa primeira comunión, o que nos obriga a pensar que alguén nos escoita, mal que lle pese a algúns.
Immediatamente conectamos con Santi Veloso, profesor da Universidade de Vigo e coordinador do programa "Ponte nas Ondas", quen nos informou do éxito acadado coa edición da súa XIV edición en Vigo, na Universidade, no Verbum e na praia de Samil. As actuacións musicais correron a cargo de "Voces da rádio (Portugal) e Luar na Lubre". No apartado referente á VII MOSTRA DE ORALIDADE Galego-Portuguesa , salientounos a participación da poeta e compositora SOCORRO LIRA e de AVELINO GONZÁLEZ. Este evento trascendental e de relevancia importantísima para o noso idioma viuse reforzado pola asistencia e apoio institucional que lle deu a presencia de dona María José Caride, Conselleira de Obras Públicas da Xunta de Galicia, e dona Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda. As dúas consellerias mostraron o seu apoio á presentación da candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO. En resumo que MÁIS DE 70 CENTROS DE 7 PAÍSES DA XIV EDICIÓN, logran o apoio unánime dos máis novos na defensa do patrimonio inmaterial galego-portugués a Patrimonio da Humanidade.

*
Na segunda hora a conexeión con Galicia levounos a falar con Xulio Simón, sempre atento á nosa chamada e solicitude para que nos informe das moitas cousas que alí están a acontecer. Fíxonos lembrar a un vello coñecido X.C.Fernández Alfaro, que faleceu días atrás e que ademáis doutros premios acadados como grande compositor, foi precisamente premio do Certame Rosalía de Castro de poesía e varias ocasións. Tamén nos fixo debecer e desexar estar canda el e no mesmo lugar posto q
ue nos informaou da súa estancia, con moi bo tempo por certo, nas terras de Barrantes, precisamente celebrando a Festa do Viño de Barrantes. ¡Felicitacións! Deunos cumprimda información de diversas noticias e destacou o feito de que xa se comezou a asulagar a mina de Meirama, que se convirtirá no segundo lago máis grande de Galicia.
Sempre é un placer escoitar as súas intervencións e máis cando aproveitar para relagarnos os seus comentarios con algunha que outra lectura de autores galegos de relevancia. Neste caso fixo referencias a Fernández del Riego, a Cunqueiro a Alonso Montero, a García Lorca.
Seguiremos con cada semana e seguiremos agardando que nos sorprenda coas súas aportacións.


* O RECUNC
HO POÉTICO de Paco Rivas foi unha sucesión de tres poemas, coma sempre engaiolantes e cheos de creatividade e dozura para os nosos ouvidos.

Aumentámola sección coa incorporación dunha POETA GALEGA en CATALUNYA . IRIA, que podedes visitar en froresdagalvana, ou na súa páxina web. Clicade no goggle esa verba: froresdagalvana, e poderedes escoitala recitando unha das súas composicións.

Estivo acompañada coa guitarra dunha persoalidade importante no mundo do jaz. Grabamos a súa intervención e estou traballando para poder colgala neste blog. Non sexades impacientes que pronto conseguirei ese obxectivo: Facer posible o poder escoitar algunhas das entrevistas ou intervencións dos diversos colaboradores do noso programa.


No hay comentarios: