Saltar ao contido principal

31 de MAIO : Programa "accidentado"


Nesta ocasión tivemos que compartir as dúas horiñas de radio coa retransmisión, por parte de José Antonio Amores do partido da "Copa Catalunya" que disputaba o R.C.D.Cornellà diante do Castelledefells. Non tiñamos posibilidades de conectar con garantías e podermos compartir as conexións en directo e fixemos un programa un tanto "accidentado". A verdade é que a nosa técnica : IRENE MATAS, puxo da súa parte todo o posible para podermos ter as conexións precisas, pero... ... non puido ser. Ao remate gañou o Cornellà por dous tantos a un.
Tiñamos previsto falar con:
* Celsa e Charo, profesoras de galego en dous Institutos de Catalunya. Non puido ser.
* Con Suso Leiro, navegante solitario en Groenlandia. Tampouco puidemos ter a conexión.
* A colaborción semanal de Xulio Simón tivemos que suspendela.
* O Recuncho poético de Paco Ribas, que tiñamos previsto amplialo coa incorporación dunha poeta galega en Catalunya, tamén nos foi imposible de realizalo.

Demos cumprida información de tódolos acontecementos que se estaban a producir no noso entorno ( Homenaxe aos TAMARA e PUCHO BOEDO, no Auditori CAN ROIG i TORRES de Santa Coloma de Gramanet; o éxito acadado pola Asociación Rosalía de Castro en Can Mercader; a vindeira Festa: "GALICIA AVUI, GALICIA HOXE" en Sabadell a vindeira fin de semana días 6,7 e 8 de xuño... ... etcétera).
Fixémonos eco das noticias que nos chegaban de Galicia, salientando moi especialmente os PREMIOS NACIONAIS: o de Literatura a X.L.Méndez Ferrín, o de Pensamento e Cultura Científica a Díaz-Fierros, completando o elenco Mercedes Peón, Lourenzo e Laboratorio de Formas nos de Música, Artes Escénicas e Iniciativa Cultural.
Un pequeno comentario en relación ao cartel adxunto e unha pequena selección de música galega foi todo o que puidemos facer neste programa "algo accidentado" por mor das conexións.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 27 de ABRIL do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en contacto coa Profesora, Licenciada en Filoloxía e Escritora dona REXINA VEGA , a quen parabenizamos pola recente publicación na Editorial Galaxia, dese seu libro:  "O teu perfil na miña sombra" . Ven de presentalo no Ateneo Atlántico de Vigo. Un grande éxito lle auguramos e desexamos que pronto se achegue aquí, a Cataluña, para podermos disfrutar da súa presencia e fermosa comunicación, ao tempo que nos explicará, con moito detalle, ese seu traballo tan interesante. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Despois de escoitar outro bocadiño de música, esta vez celebrando o cincoenta aniversario da Revoluçao dos Cravos en Portugal, coa peza "Grándola Vila Morena" de Zeca Afonso, que nos serve para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO , sempre moi interesante. Antes