miércoles, 18 de junio de 2008

Programa do 14 de xuño

Comezamos o programa anunciando tódalas novidades que tiñamos previstas : *As colaboracións co Presidente da Asociación Rosalía de Castro: don Ricardo Pérez Anta, que nos deu unha pequena semblanza das actividades desenroladas ultimamente pola Entidade, díxonos do éxito acadado coa Festa de Can Mercader, falounos da próxima Festa de San Xoan diante da Entidade, anunciounos a actuación da compañía de Teatro Anduriña en Badalona e no CEntro Galego de BArcelona, así como a posibilidade de que actúen en Galicia, e desexounos unhas boas vacacións e lecer para todos neste verán.
*Conversamos con Kike, o noso Henrique Fernández, antigo colaborador e conductor deste programa e presidente da Entidade. Momentos entrañabeis e cheos de engado lembrando momentos de boa sintonía a carón de Xosefina, directora perante catro anos do "Sempre en Galicia". Quedamos para continuar esta conversa en vindeiras ocasións.
* Falamos con Xacobe, mantedor da páxina Aldea de CORO, nos Ancares de Galicia. Puidemos sentir a grande deicación e agarimo que lle profesa a esa terra o amigo Xacobe, deunos referencia de moitísimas cousas das que podemos disfrutar nesa riqueza que a natureza nos ofrece no Val de RAO. a súa páxina (http://www.aldeadecoro.com/) está á espera de que a visitedes e comprobedes as fermosuras que por alí se poden contemplar. Por certo que aínda existen castaños de más de mil anos naquelas contornas, e posiblemente podedes escoitar a "pita do monte" (urogalo) se vos achegades denantes que remate a primavera...

Teño prometido que farei o posible pra que calquera dos nosos oíntes e seguidores poidan voltar a escoitar as entrevistas ou intervencións das persoas que participan no noso programa. Por exemplo xa gravei os dous programas anteriores, agora tan só me fai falla convertir os documentos en Mp3 pra poder ofrecervos a posiblidade de voltar a escoitalos. Seguro que cando comecemos a seguinte tempada xa teremos esto máis adiantado e subsanado. Estou traballando nese eido e conseguirémolo.

Seguimos coas diferentes noticias que nos chegan habitualmente dende Galicia e conectamos, coma sempre, con XULIO SIMÓN. As súas informacións e comunicacións son sempre de actualidade e nesta ocasión fíxonos unha exposición extraordinaria sobre o emprego da nosa lingua. Díxonos que nolo enviaría para que, os que desexedes, poidades botar man del, cando o colguemos no blog.

A pesares da enorme competitividade que tiñamos, posto que televisaban o partido de futbol de España-Noruega? foi un programa entretido, e bastante interactivo, xa que tivemos varias chamadas telefónicas e ata compracemos a solicitude dun oínte que nos pediu a dedicatoria dunha peza de música para Ricardo.

Nesta ocasión non puidemos ofrecervos a sección "RECUNCHO POÉTICO", tanto dende Galicia na voz de Paco Rivas, como a nova incorporación IRIA, poeta galega en Catalunya. Quedamos emprazados para o vindeiro sábado 21 de xuño, que faremos o posible por aumentar o tempo didicado a esta sección.

A programación para o vindeiro día 21 publicarémola o vindeiro venres.

No hay comentarios: