Saltar ao contido principal

SÁBADO 29 de ABRIL do 2017

Comezamos o programa co equipo ao completo, dándolles a ben-vida e propoñéndolles escoitar un bocado de música para tentar de comunicármonos con Galicia e falar con MANUEL RIVERO, un dos grandes contertulios colaboradores que sempre nos ilustra coa súa intervención.

A segunda conversa-Entrevista é con don XOSÉ SIMOES, grande empresario e un referente no ámbito da gastronomía, moi concretamente no relativo ao cátering, pero que nesta ocasión é para poder falar con el sobre un proxecto, que xa está moi adiantado, relacionado coa publicación dun libro de recetas de cociña e de procedencia da zona arraiana da Baixa Limia. Unha recolleita moi especial, con moita documentación que ademais irá acompañada dun feixe de poesías súas, claro. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos.

Na segunda hora comunicámonos con don JOSÉ CANOSA, Presidente da "A.C.G. Airiños da Nosa Galicia", en Santa Coloma de Gramanet. Aténdenos moi calurosamente e informa á nosa audiencia das actividades que teñen previsto realizar para commemorar o 34 Aniversario desa entidade, para os días 5,6 e 7 de maio vindeiro. Tamén nos fala do Teatro Ramboia.

E para finalizar conectamos novamente con Galicia para entrevistar a don RAFAEL QUINTÍA, un grande traballador da nosa cultura, que ven de publicar un CD con 29 pezas, que leva por título "A Pedra do Fundamento". Fálanos de diversas cousas relacionadas coa Antropoloxía, sobre os seus traballos e publicacións, das súas investigacións... A súa conversa é coma unha clase e ademais de agradecerlle a súa aportación ao noso programa, convidámolo a que poida participar "in situ", no verán, nun encontro a celebrar na zona arraiana da Baixa Limia. Despedímolo cunha peza de música dos Chichisos, Grupo Musical que axudou a fundar, e tamén nos despedimos de tódolos oíntes ate o vindeiro sábado.

Que pasen unha feliz semana.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant