¡30 ANIVERSARIO da nosa emisión "Semprengalicia"!
Voltamos a escoitar outra peza musical e de novo seguimos coas intervencións, primeiro dona Mireia Navarro e despois Oliver Fernández, Presidente da Entidade.
Seguimos con música e convidamos a que nos falen Antonio Díaz, socio fundador e Director da revista Lúa Nova. Tamén interveñen Ovidio Santos, Pepe, Sra.Pura e Antonio Meixide. É un pracer comprobar cómo se implican e participan nesta nosa teima de levar adiante este programa especial.
Na segunda hora sempre nos fala dende Combarro o noso correspondente Xulio Simón, pero nesta ocasión non é posible polo desprazamento da unidade móvil. Disculpámolo a el e a dona Xosefina González, exdirectora tamén deste programiña, así como Xosé Lamela, que por outros motivos non puido achegarse hoxe á Entidade. Dámoslle a palabra a Raúl, un veterano máis da Asociación e Antonio Díaz puntualiza algunha cuestión interesante.
Voltamos a escoitar outra peciña musical e nesta ocasión comeza a súa intervención Amparo Centeno, tamén socia de moita antigüidade, Emilio Luís aclara algunhas cousas, fálanos Rosario e Félix, que a pesar de non seren galegos participan, dende hai moito tempo, activamente na Entidade.
Máis música para irmos adubiando este serán de aniversario especial, e toman a palabra Abel, Suso, Pepe, Paulo e Hugo. Non podía faltar a intervención dos compoñentes do Grupo de Gaitas que para rematar tócannos a Muiñeira de Lugo.
Unha emisión chea de emoción e engado, que nunca esqueceremos. Os que formamos este equipo: Laura Santos, Armando Fernández e un servidor, queremos deixar patente o noso agradecemento máis grande á Oliver, como presidente da Entidade, que nos facilitou a celebración deste 30 Aniversario, á Directora dona Mireia Navarro polo desprazamento da unidade móvil ate a local, á Manuel e a Emilio Luís, pola súa implicación e participación desinteresada e, como non, a tódolos socios e simpatizantes que nos seguen e colaboraron e seguro que seguirán colaborando con nosoutros, ¡Moitas Grazas!
Non deixen de sintonizarnos. Que teñan unha feliz semana.

Ningún comentario:
Publicar un comentario