domingo, 13 de noviembre de 2016

sábado 11 de novembro do 2016

Un día máis, con todos vosoutros tentando levar adiante, durante dúas horas, este programiña en lingua galega. Hoxe disculpando aos nosos habituais colaboradores Xosé Lamela, Laura Santos e Xulio Simón. Teñen certas obrigas persoais ás que atender. Nos controis técnicos atópase, coma sempre, KIKO, e nas locucións ARMANDO Fernández e un servidor. Comezamos conectando con Galicia para falarmos con don JOSE ANTONIO SIMOES DE DIOS, Cociñeiro no Restaurante HABANA - 83, en Ourense, que veñen de recibir unha reseña moi especial na Guía REPSOL, como restaurante recomendable e moi destacado na cidade. Agradecémoslle a súa amable atención.

Deseguido poñémonos en contacto con dona MERCHI ÁLVAREZ, de Galiciame, que nos da cumprida información sobre a "IIª Gala-Xantar Benéfico de GALICIAME" nas Adegas Condes de ALBAREI, en Cambados, previsto para o día 3 de decembro.

Conectamos con JUAN Prieto, da A.C.G. AGARIMOS, que nos informa da realización do MAGOSTO-2016, na Entidade en Badalona, neste sábado, que acompañarán cun "bolo preñado" para tódolos asistentes, e convídanos a asistir.

Tamén falamos con OLIVER Fernández, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que ademais de facer unha pequena valoración dos actos que se realizaron a semana pasada, infórmanos da celebración do Campionato de Tute que comezou este sábado e da próxima Cea de entrega dos XXX Premios de Poesía "Rosalía de Castro", previsto para o vindeiro sábado 26 de novembro,

A nosa conversa con PACO Rivas, o noso poeta da mariña Lucense,  é a ultima intervención nesta ocasión. 

Desexamos que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos o vindeiro sábado.

No hay comentarios: