domingo, 27 de noviembre de 2016

Sábado 26-11-16

Comezamos o programa de hoxe falando con LAMELA e ARMANDO dos Premios de Poesía "Rosalía de Castro", que este ano cumplen nada menos que 30 anos e escoitamos unha peza de música para ir amenizando a nosa charla.

O Xurado do "XXX Certame de Poesía Rosalía de Castro"
Recibimos nos estudos a CARMEN PENIM, de "2Na Fronteira", que tamén forma parte do Xurado do Certame de Poesía e falamos unha miga de varios aspectos, namentres recibimos ao resto dos compoñentes do mencionado Xurado: ANXO ANGUEIRA, XULIO SIMÓN e HENRIQUE FERNANDEZ. Comentamos algúns aspectos do premio e da Conferencia que nos impartirá Anxo, na Biblioteca "García Nieto", presentando o libro de "Follas Novas" (estudo, edición, notas e comentarios do propio Anxo). E despedímonos ate a vindeira semana.

Continúa nos estudos ARMANDO, e conecta coa Ribeira Sacra, para manter unha conversa-entrevista con don MARTIN LAGARÓN, propietario dunha Adega nesa denominación de orixe.

A ultima comunicación é co noso Poeta da Mariña: PACO RIVAS.

A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.

No hay comentarios: